A exposición que se vai inaugurar estes días na ETSAC, OURENSE IMAXINADO, é un percorrido por un Ourense que non existe, pero recoñecible, a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.
Entre decembro e marzo poderemos contemplar as tres partes nas que se estrutura esta exposición:
EQUIPAMENTOS [1913-1949]
Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta.
-Teatro de Variedades [ Daniel Vázquez-Gulías / Valentín Vallhonrat]
-Gran Balneario nas Burgas [ Pedro García Faria]
-Acceso Occidental a Catedral e Praza de San Martiño [Antonio Palacios]
-Recinto Feiral [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Palazón]
EXPANSIÓN [1947-1961]
Tres proxectos urbanos que estudan a expansión de Ourense despois da anexión de Canedo.
-Estación de Autobuses [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Tovar]
-Plan Parcial das Lagoas [Durán Loriga / Roncal Navarro / Pérez Arbúes].
-Ronda Bulevard [Varios Autores]
MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda.
-Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros [Alejandro de la Sota]
-Estudos para as Ribeiras do ríos [MBM]
-Estación Intermodal [Norman Foster / Cabanelas-Castelo / G.O.C]
A superposición central liga o Real [ortofoto] co Imaxinado [metacrilato]. Cada unha das seccións está acompañada de dúas fotos fixas. A ortofoto [Ourense] e o Plano xeral de ordenación de cada época [Imaxinado].
Curadoría, deseño expositivo e dirección: Alberte Pérez , Carmela Galego, Carlos Mosquera, Enrique Iglesias para trespes.arquitectos
Deseño: Adriana Pérez, Xosé Lois Vázquez, Silvia Belmonte, Nicole Carpentier para Disigna Edenia
Produce: Concello de Ourense
Máis información: www.ourenseimaxinado.com
A vindeira semana a ETSAC albergará a XXI edición do Obradoiro Internacional IACOBUS 2016. Este ano o traballo estará vencellado ao obradoiro 3 de PFC e terá como tema “Ourense, cidade termal”, propoñéndose intervir na rexeneración dunha área do río Barbaña preto das Burgas, cun porgrama de balneario, hotel e restaurante que inclúe a rehabilitación do edificio do antigo cárcere e a casa de baños de Outeiro.
No obradoiro participarán 21 alumnos e 4 profesores da ENSA de Clermont-Ferrand (Francia), 16 alumnos e 2 profesores da OTH de Ratisbona (Alemaña), ademáis dos 15 alumnos e o profesorado do obradoiro 3 da ETSAC.
Datas: 29 de febreiro ao 04 de marzo, cunha exposición final dos traballos desta semana
Conferencia PFC: Proxecto Básico.
Condicións CTE. Incendios. Seguridades de utilización. Barreiras
José Luis Martínez Raido
Mércores, 2 de marzo de 2016, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
The third edition of the Joint Graduate Design Project between the schools of architecture of Harbin Institute of Technology, HIT China, and University of A Coruña, UDC, will take place at ETSAC from Monday 7 to Friday 11 March.
A Coruña School of Architecture welcomes prof. Peng Luo, prof. Dong Yu and the Chinese team.
Lectures and workshop: Auditorium and classroom 4IA
2016 Joint site: Port of A Coruña, Calvo Sotelo Dock.
More information: 2016 Joint schedule at ETSAC
A terceira edición do Joint Graduate Design Project entre as escolas de arquitectura do chinés Harbin Institute of Technology e a UDC celebrarase na ETSAC do luns 7 ao venres 11 de marzo.
A ETSAC dá a benvida aos profesores Peng Luo, Dong Yu e á equipa chinesa.
Palestras e obradoiro: salón de actos e aula 4IA
Emprazamento do traballo: peirao de Calvo Sotelo no Porto da Coruña
Máis información: 2016 Joint schedule at ETSAC
Lecture by Patricia Muñiz Núñez: Emergency and transitional. Syria, supported by Architectural Analysis 2 and ETSAC in English. Open to everybody
Venue: ETSAC auditorium, level 0
Date: Wednesday March 9th at 12:30pm
Palestra de Patricia Muñiz Núñez: Emergency and transitional. Syria, organizada pola materia Análise Arquitectónica 2, dentro do programa ETSAC in English. O acto é aberto ao público
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Data: mércores 09 de marzo 2016, ás 12:30h
Palestra de Daniel Hermosilla sobre “Prefabricación en formigón. Grandes luces” organizada polas materias Proxectos 10 + Construción 7
Data: mércores 09 de marzo de 2016, ás 12:30h
Lugar: Aula E1, andar -1
Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións
Ángeles Santos Vázquez
Mércores, 9 de marzo de 2016, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
Imparten:
Rubén Ramos Loureiro. Alumno PFC ETSAC
José Curras Fernández Currás. Técnico laboratorio ETSAC
Consulta el estado de tu preinscripción aquí
+información ofabdaetsac.wordpress.com