A exposición que se vai inaugurar estes días na ETSAC, OURENSE IMAXINADO, é un percorrido por un Ourense que non existe, pero recoñecible, a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.
Entre decembro e marzo poderemos contemplar as tres partes nas que se estrutura esta exposición:
EQUIPAMENTOS [1913-1949]
Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta.
-Teatro de Variedades [ Daniel Vázquez-Gulías / Valentín Vallhonrat]
-Gran Balneario nas Burgas [ Pedro García Faria]
-Acceso Occidental a Catedral e Praza de San Martiño [Antonio Palacios]
-Recinto Feiral [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Palazón]
EXPANSIÓN [1947-1961]
Tres proxectos urbanos que estudan a expansión de Ourense despois da anexión de Canedo.
-Estación de Autobuses [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Tovar]
-Plan Parcial das Lagoas [Durán Loriga / Roncal Navarro / Pérez Arbúes].
-Ronda Bulevard [Varios Autores]
MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda.
-Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros [Alejandro de la Sota]
-Estudos para as Ribeiras do ríos [MBM]
-Estación Intermodal [Norman Foster / Cabanelas-Castelo / G.O.C]
A superposición central liga o Real [ortofoto] co Imaxinado [metacrilato]. Cada unha das seccións está acompañada de dúas fotos fixas. A ortofoto [Ourense] e o Plano xeral de ordenación de cada época [Imaxinado].
Curadoría, deseño expositivo e dirección: Alberte Pérez , Carmela Galego, Carlos Mosquera, Enrique Iglesias para trespes.arquitectos
Deseño: Adriana Pérez, Xosé Lois Vázquez, Silvia Belmonte, Nicole Carpentier para Disigna Edenia
Produce: Concello de Ourense
Máis información: www.ourenseimaxinado.com
Información importante para o comezo do segundo cuadrimestre do curso académico 2015-16 o vindeiro luns 25 de xaneiro de 2016.
Grao en Estudos de Arquitectura
Grao en Arquitectura
Máster Universitario en Arquitectura
- Horario primeira semana 2º cuadrimestre curso académico 2015-16
- Horarios segundo cuadrimestre curso académico 2015-16
- Exames primeira oportunidade 2º cuadrimestre e segunda oportunidade 1º e 2º cuadrimestre
- Distribución de grupos curso académico 2015-16
- Resolución solicitudes cambios de grupo (18.09.2015)
Lectura da tese de doutoramento do profesor da ETSAC, Xan Xosé Casabella López: “Arquitectura redonda no século XX”
Director da tese: Xosé Lois Martínez Suárez
Data: xoves, 28 de xaneiro de 2016, ás 11:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Jose Pedro Olveira Araujo: “O camiño faise camiñando… As sensacións e as emocións na arquitectura”
Director da tese: José Antonio Franco Taboada
Data: venres, 29 de xaneiro de 2016, ás 11:30h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Antonio Pernas Varela: “A arquitectura do conxunto monumental de San Mariño Pinario en Santiago de Compostela”
Director da tese: José Antonio Franco Taboada
Data: sábado 30 de xaneiro de 2016, ás 11:30h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Álvaro Marín Durán: “Espazo colectivo e vivenda. Aportacións á vida comunitaria en edificios residenciais do século XX”
Director da tese: José Ramón Garitaonaindía de Vera
Data: mércores, 03 de febreiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
REUNIÓN 01: O vindeiro xoves 04 de febreiro, ás 12:00h, vaise celebrar no salón de actos da ETSAC unha reunión informativa para os estudantes do Campus da Zapateira que desexen participar na mobilidade internacional no curso 2016-17.
REUNIÓN 02: Ao día seguinte, venres 05 de febreiro, ás 12:00h, os estudantes, equipo de dirección da ETSAC e o novo coordinador de internacional, Evaristo Zas, manterán a nosa primeira reunión de contacto co fin de resolver dúbidas e tratar as especificidades da mobilidade en arquitectura.
A vosa asistencia ás dúas reunións é imprescindible!
Máis información: http://www.udc.gal/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade_internacional/index.html
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC DECEMBRO 2015
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 3 de febreiro ás 14:00h
VENRES 5 DE FEBREIRO DE 2016
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 8 DE FEBREIRO DE 2016
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN