A materia Proxectos 07 está a traballar neste cuadrimestre no barrio coruñés do Castrillón.
Os membros do colectivo 1AUN, Valerio González e David Río arquitectos egresados pola ETSAC, foron invitados a contar aos alumnos a súa experiencia de mapeo e contacto coas xentes desta zona.
Acto aberto a toda a escola e a celebrar nos horarios de mañá e tarde da materia.
Máis información: https://vimeo.com/87172474
A ETSAC organiza a xornada A NOVA XESTIÓN DA CIDADE o vindeiro martes 29 de setembro, ás 11:00h.
Preténdese debater sobre a xestión da cidade no novo contexto político actual, para o que contamos coa participación dos responsables de urbanismo de Madrid, Santiago de Compostela, Oviedo, Ferrol e A Coruña: José Manuel Calvo, Jorge Duarte, Nacho Fernández del Páramo, María Fernández Lemos e Xiao Varela, respectivamente.
Os convidados comparten varias circunstancias, son todos arquitectos, novos arquitectos, estréanse nas tarefas de xestión en gobernos municipais liderados polas novas plataformas cidadás e, todos eles menos o concelleiro madrileño, son egresados da ETSAC.
O director da Escola, Fernando Agrasar, moderará o debate.
Lectura da tese de doutoramento do profesor da ETSAC Jesús Conde: ATLAS DE PAISAXES DA MEMORIA. GALICIA 1579-1865.
Tribunal: Xosé Lois Martínez (presidente), Xabier Unzurrunzaga (vogal), Elisa Valero (vogal), Xabier Eizaguirre (vogal) e Juan Creus (secretario)
Data: xoves, 01 de outubro, ás 11:30h
Lugar: Salón de Graos da ETSAC
Conferencia PFC: Proxecto Básico.
Condicións CTE. Incendios. Seguridades de utilización. Barreiras
José Luis Martínez Raido
Mércores, 7 de outubro de 2015, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
Conferencia PFC: Proxecto Básico.
Instalacións
Ángeles Santos Vázquez
Mércores, 14 de outubro de 2015, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
A ETSAC acollerá as xornadas TECNOLOXÍAS INFORMÁTICAS DA ARQUITECTURA o vindeiro xoves 15 de outubro, de 17:00 a 20:00h, dentro da campaña 1 MES 1 PROFESIÓN DIXITAL.
Relatores: Eloi Coloma Picó, Aitor Almaraz Sánchez, Luis Antonio Hernández Ibáñez e Pepe Vázquez Rodríguez.
Presentará o acto, o director da Escola, Fernando Agrasar.
Organiza: Colexio Profesional en Enxañaría Informática de Galicia e AMTEGA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Xunta de Galicia
Máis información: http://profesionsdixitais.org/?xornada=11#inscricion
O escultor Pepe Galán (A Coruña, 1955) falará da súa obra no contexto dunha reflexión sobre o público, o efémero, a paisaxe, o material e o movemento.
Pepe Galán é o autor do Monumento as vítimas do Portiño, que simboliza o acontecido no intento de fuxida dun cento de persoas polo mar do Portiño, por mor da represión franquista. Esta obra é un importante referente simbólico no ámbito de actuación do Obradoiro 5C.
Organiza: PARQC, Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo (P4|P5)
Conferencia PFC: A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Parte I
Antonio Raya de Blas
Mércores, 14 de outubro de 2015, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
REHABILITACIÓNS, palestra do profesor Andrés Reboredo no MURA, Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica, organizada polo departamento de Composición.
Data: xoves 22 de outubro de 2015, ás 12:30h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Lectura da tese de doutoramento “Da Fortificação Polar à Fortificação Fragmentada: um estudo da Transição Paradigmática entre a Idade Clássica e a Moderna”
Autor: Jayme Ferrer de Oliveira Soeiro Caetano de Carvalho
Director da tese: Juan Manuel Franco Taboada
Tribunal: José Ramón Soraluce (presidente), Federico Arévalo, Carmen Escoda, Concepción Porras e Antonio Amado (secretario)
Data: venres, 23 de outubro
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC