Calendar

Set
1
Lun
Información de interese para o inicio do curso 2014-2015 @ Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Set 1 @ 10:00 – Set 20 @ 11:00

ETSAC. GRAO EN ARQUITECTURA. CURSO 2014-2015

Set
8
Lun
Curso de verán da UDC: PROCESOS HABITADOS. As arquitecturas nas que vive o outro 90% @ ETSAC
Set 8 – Set 12 all-day
Exposición na ETSAC: ARQUITECTURA FINESA A ESCALA HUMANA @ Andar 0, espazo expositivo, ETSAC
Set 8 – Out 10 all-day

A ETSAC acolle a exposición ARQUITECTURA FINESA A ESCALA HUMANA entre os días 08 de setembro e 10 de outubro.

Un suxerente percorrido pola arquitectura finesa da man do fotógrafo Jussi Tiainen, organizado polo Instituto Iberoamericano de Finlandia.

Tiainen_2

Xornada de Acollida ETSAC, 2014-15 @ Grupos B e D: salón de actos / Grupos A, C e E: aula especial E1
Set 8 @ 11:00 – 20:00

Un ano máis convócanse a todos os alumnos de primeiro curso a unha Xornada de Acollida na que se lles presentará, polo miúdo, información de interese para a súa estadía académica na ETSAC.

Data: luns 08 de setembro 2014

Grupos B e D: 11:00h no salón de actos, andar 0

Grupos A, C e E: 17:00h na aula E1, andar -1

Máis información: xornada de acollida etsac 14-15_horario

acollida_2

 

CURSO DE VERÁN: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90% @ ETSAC
Set 8 @ 16:00 – Set 12 @ 20:00
CURSO DE VERÁN: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90% @ ETSAC
Dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento, levado a cabo por Arquitectos Sen Fronteiras e a Universidade da Coruña, se realizará dentro da oferta de cursos de verán da UDC, un pequeno obradoiro no que levar a práctica todos os contidos traballados no curso en liña e no seminario desenvolvidos.
8, 9, 10, 11 y 12 de setembro, de 16 a 20 horas
Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
A crise habitacional que é a norma en gran parte do mundo, agora coas súas peculiaridades maniféstase tamén aquí e require ser resolta con ferramentas que non atopamos nos modos de operar formais, esgotados ou fracasados. Así pois o estudo do INFORMAL e do NON CONVENCIONAL, que resolve a sede de habitación do 90% da humanidade, coas súas estratexias centradas nos procesos e nas persoas e non nos produtos arquitectónicos antóllasenos un camiño a explorar para acometer exitosamente a problemática do hábitat contemporáneo.
Durante o obradoiro se falará da realidade urbana de Mozambique e Venezuela (a través das leccións maxistrais de Luis Lage e Henry Vicente), e se analizarán tres casos concretos: a casa postvernácula galega, a corrala utopía e as vivendas autoconstruídas en Marinaleda.
Datos do curso:
  • Duración: 20 horas
  • Recoñecemento académico: 2 créditos de libre elección / 1ECTS
  • Prezo público xeral: 50 € / Prezo reducido: 30 €
  • Bolsas (matrícula gratuita): 4 bolsas para estudantes, 1 para PAS, 1 para PDI
Matrícula

Calquera dúbida podes poñerte en contacto a través do correo electrónico: galicia@asfes.org
Set
25
Xov
APROXIMACIÓNS 2014: Cinema suízo na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Set 25 @ 17:00 – 18:30

SUIZA_0

Coincidente coa exposición e as palestras que baixo o título de APROXIMACIÓNS 2014 se celebran no Museo de Belas Artes da Coruña, a ETSAC acolle un ciclo de cinema suízo que proxectará catro documentais sobre a idea da paisaxe e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea suíza:

-Xoves, 25 de setembro: NORMAN FOSTER, CONSTRUÍR O GHERKIN

-Xoves, 2 de outubro: UN ARCHITECTE DANS LE PAYSAGE

-Xoves, 9 de outubro: HERZOG & DE MEURON. NA CHINA: NIÑO DE PAXAROS

-Xoves, 16 de outubro: LE PAYSAGE INTERIEUR (CONSTRUÍNDO O ROLEX CENTRE)

 

Hora: 17:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Entrada de balde

 

Máis información:

CINE_AproximAciones

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=46&inf=84

Set
29
Lun
Presentación tema PFC CÁRCERE e comezo do taller @ Salón de Actos ETSAC
Set 29 @ 16:30 – 18:30
Presentación tema PFC CÁRCERE e comezo do taller @ Salón de Actos ETSAC

TEMA PFC 2014-15

PROXECTO DE REHABILITACIÓN DA ANTIGA CÁRCERE DA CORUÑA

A presentación do tema consistirá nunha mesa de debate na que se pormenorizará a voluntade de diversos axentes, administración e cidadanía, coa intervención libre para cualquera aportación.

Retransmisión por streaming http://youtu.be/_SdLdXcGBZI

Ao finalizar a presentación iniciarase o Taller PFC

Información na prensa (A Opinión da Coruña, 30.09.2014): http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/09/30/o-carcere-rematar-o-curso/883707.html

Out
2
Xov
Xornada sobre Responsabilidade Social e Diversidades na UDC @ Salón de Actos do campus de Ferrol
Out 2 @ 09:00 – 21:00

O vindeiro 2 de outubro celebrarase en Ferrol a Xornada sobre Responsabilidade Social e Diversidades na UDC, o programa está no arquivo que achego e invítovos a todos/as a participar nesta xornada tan interesante.

Cartel+programa_def

 

Lectura da tese de doutoramento: VIANA DE LIMA e a influencia do Movimento Moderno na arquitectura portuguesa @ Salón de Graos, Edificio de Departamentos, ETSAC
Out 2 @ 11:30 – 14:00

Lectura da tese de doutoramento VIANA DE LIMA E A INFLUENCIA DO MOVIMENTO MODERNO NA ARQUITECTURA PORTUGUESA

Doutorando: Paulo Lima Guerreiro

Data: xoves, 02 de outubro de 2014, 11:30 am

Director: Antonio Amado Lorenzo

Departamento: Representación e Teoría Arquitectónicas

Tribunal: José Antonio Franco Taboada, presidente, Carmen Escoda Pastor, Federico Arévalo Rodríguez, Francisco Pinto Puerto e Plácido Lizancos Mora, secretario

lima tese_2

Día Mundial do Hábitat 2014 na ETSAC_ 2014 World Habitat Day @ ETSAC @ Aula 2.1
Out 2 @ 18:00 – Out 3 @ 14:00

O proxecto D´HABITAT celebra o DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT 2014 que este ano escolle como eixe VOICES FROM SLUMS.

Neste contexto, o profesor da ETH de Zurich (Suíza) e membro do Urban Think Tank (León de Ouro pola Bienal de Venecia, 2012), SOTT LLOYD, vai impartir dúas palestras:

-TORRE DAVID. ENCORE: xoves, 02 de outubro, ás 18h00

-GEOGRAPHIES OF OPPORTUNITY. EMPOWER CAPE TOWN: venres, 03 de outubro, ás 12h30

Aulas: 2.4 (xoves) e 2.1 (venres)

Idioma: inglés

Máis información:

http://unhabitat.org/world-habitat-day/

SCOTT LLOYD POSTER

SCOTT LLOYD POSTER_1