Calendar

Xul
17
Xov
5ª SESIÓN DO SEMINARIO HÁBITAT A ESCALA HUMANA @ Salón de Actos ETSAC
Xul 17 @ 16:30 – 18:30

O próximo xoves 17 de xullo terá lugar no Salón de Actos da ETSAC a última conferencia da segunda edición do seminario Hábitat a Escala Humana, que versará sobre as Tecnoloxías Apropiadas.

Cartel Seminario HaEH sesión 5

ALEJANDRO FERNÁNDEZ
“Cara ao empoderamento tecnolóxico…”
Arquitecto e urbanista que dende o 2006 se dedica á investigación en tecnoloxías apropiadas e procesos participativos en contextos rurais e urbanos. No seu traballo ocúpase do uso de materiais tradicionais e naturais dende unha perspectiva contemporánea, a etnografía, a paisaxe, a arquitectura, a agricultura, o rururbano, a memoria colectiva, o urbanismo participativo… En 2010 formou o Laboratorio de Investigación en tecnoloxía/s apropiada/s con sede en Vigo.

ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS | SERGIO FERNÁNDEZ
“Tecnoloxía para o desenvolvemento humano, máis aló das tecnoloxías apropiadas”
Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras Galicia dende 1998 e técnico de proxectos e educación para o desenvolvemento dende 2008. Realizou investigacións en temas de xestión comunitaria de montes en Galicia e modelos de desenvolvemento rural, e traballos en ordenación territorial e sistemas de información xeográfica. Conta con experiencia como personal expatriado en Centroamérica.

+ información: http://www.udc.es/dhabitat/novas/2014/20140715SeminarioSesion5.html

Set
1
Lun
Información de interese para o inicio do curso 2014-2015 @ Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Set 1 @ 10:00 – Set 20 @ 11:00

ETSAC. GRAO EN ARQUITECTURA. CURSO 2014-2015

Set
4
Xov
Acto de INICIO DE CURSO 2014-15 na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Set 4 @ 18:00 – 20:30

Como acto de inicio do curso 2014-15, o vindeiro día 4 de setembro, ás 18:00h, o noso compañeiro Alfredo Freixedo impartirá unha conferencia, seguida dunha actuación do grupo de jazz Alfonso Medela Trío.iniciocurso_2

Set
5
Ven
PFC convocatoria SETEMBRO 2014: Formalización da inscripción para a súa defensa @ Aula PFC, Sótano -2, Edificio Departamentos da ETSA
Set 5 @ 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A SÚA DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC SEPTEMBRO 2014.

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
    (pode ser que dende a ventana do navegador non funcione o botón enviar, por iso debes facelo dende adobe reader)
  2. Despóis de cumplimentalo, presiona o botón enviar que aparece na esquina inferior derecha. 
  3. Dende adobe reader imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

se tes algún problema para cubrir ou enviar o formulario consulta por favor neste enlace
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércoles 3 de septembro a las 14:00h.

VENRES 5 DE SEPTEMBRO DE 2014
Aula PFC, Sótano -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte  papel e maqueta.

Entregaráse o listado da documentación, debidamente cuberto e asinado, así como o informe do titor
DOCUMENTACIÓN PFC

LUNS 8 DE SEPTEMBRO DE 2014
Aula PFC, Sótano -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf  (instruccións precisas en Moodle:
    ENTREGA PFC-SOPORTE DIXITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumo do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAY QUE ENTREGAR OS PANEIS DIN A1 FISICOS, SÓ EN FORMATO DIXITAL.
Set
8
Lun
Curso de verán da UDC: PROCESOS HABITADOS. As arquitecturas nas que vive o outro 90% @ ETSAC
Set 8 – Set 12 all-day
Exposición na ETSAC: ARQUITECTURA FINESA A ESCALA HUMANA @ Andar 0, espazo expositivo, ETSAC
Set 8 – Out 10 all-day

A ETSAC acolle a exposición ARQUITECTURA FINESA A ESCALA HUMANA entre os días 08 de setembro e 10 de outubro.

Un suxerente percorrido pola arquitectura finesa da man do fotógrafo Jussi Tiainen, organizado polo Instituto Iberoamericano de Finlandia.

Tiainen_2

Xornada de Acollida ETSAC, 2014-15 @ Grupos B e D: salón de actos / Grupos A, C e E: aula especial E1
Set 8 @ 11:00 – 20:00

Un ano máis convócanse a todos os alumnos de primeiro curso a unha Xornada de Acollida na que se lles presentará, polo miúdo, información de interese para a súa estadía académica na ETSAC.

Data: luns 08 de setembro 2014

Grupos B e D: 11:00h no salón de actos, andar 0

Grupos A, C e E: 17:00h na aula E1, andar -1

Máis información: xornada de acollida etsac 14-15_horario

acollida_2

 

CURSO DE VERÁN: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90% @ ETSAC
Set 8 @ 16:00 – Set 12 @ 20:00
CURSO DE VERÁN: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90% @ ETSAC
Dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento, levado a cabo por Arquitectos Sen Fronteiras e a Universidade da Coruña, se realizará dentro da oferta de cursos de verán da UDC, un pequeno obradoiro no que levar a práctica todos os contidos traballados no curso en liña e no seminario desenvolvidos.
8, 9, 10, 11 y 12 de setembro, de 16 a 20 horas
Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
A crise habitacional que é a norma en gran parte do mundo, agora coas súas peculiaridades maniféstase tamén aquí e require ser resolta con ferramentas que non atopamos nos modos de operar formais, esgotados ou fracasados. Así pois o estudo do INFORMAL e do NON CONVENCIONAL, que resolve a sede de habitación do 90% da humanidade, coas súas estratexias centradas nos procesos e nas persoas e non nos produtos arquitectónicos antóllasenos un camiño a explorar para acometer exitosamente a problemática do hábitat contemporáneo.
Durante o obradoiro se falará da realidade urbana de Mozambique e Venezuela (a través das leccións maxistrais de Luis Lage e Henry Vicente), e se analizarán tres casos concretos: a casa postvernácula galega, a corrala utopía e as vivendas autoconstruídas en Marinaleda.
Datos do curso:
  • Duración: 20 horas
  • Recoñecemento académico: 2 créditos de libre elección / 1ECTS
  • Prezo público xeral: 50 € / Prezo reducido: 30 €
  • Bolsas (matrícula gratuita): 4 bolsas para estudantes, 1 para PAS, 1 para PDI
Matrícula

Calquera dúbida podes poñerte en contacto a través do correo electrónico: galicia@asfes.org
Set
25
Xov
APROXIMACIÓNS 2014: Cinema suízo na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Set 25 @ 17:00 – 18:30

SUIZA_0

Coincidente coa exposición e as palestras que baixo o título de APROXIMACIÓNS 2014 se celebran no Museo de Belas Artes da Coruña, a ETSAC acolle un ciclo de cinema suízo que proxectará catro documentais sobre a idea da paisaxe e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea suíza:

-Xoves, 25 de setembro: NORMAN FOSTER, CONSTRUÍR O GHERKIN

-Xoves, 2 de outubro: UN ARCHITECTE DANS LE PAYSAGE

-Xoves, 9 de outubro: HERZOG & DE MEURON. NA CHINA: NIÑO DE PAXAROS

-Xoves, 16 de outubro: LE PAYSAGE INTERIEUR (CONSTRUÍNDO O ROLEX CENTRE)

 

Hora: 17:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Entrada de balde

 

Máis información:

CINE_AproximAciones

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=46&inf=84

Set
29
Lun
Presentación tema PFC CÁRCERE e comezo do taller @ Salón de Actos ETSAC
Set 29 @ 16:30 – 18:30
Presentación tema PFC CÁRCERE e comezo do taller @ Salón de Actos ETSAC

TEMA PFC 2014-15

PROXECTO DE REHABILITACIÓN DA ANTIGA CÁRCERE DA CORUÑA

A presentación do tema consistirá nunha mesa de debate na que se pormenorizará a voluntade de diversos axentes, administración e cidadanía, coa intervención libre para cualquera aportación.

Retransmisión por streaming http://youtu.be/_SdLdXcGBZI

Ao finalizar a presentación iniciarase o Taller PFC

Información na prensa (A Opinión da Coruña, 30.09.2014): http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/09/30/o-carcere-rematar-o-curso/883707.html