Calendar

Xuñ
26
Xov
Xuntanza mobilidades 2014.15 TRAMITES @ Salón de Actos
Xuñ 26 @ 12:00 – 14:00
Xuntanza mobilidades 2014.15 TRAMITES @ Salón de Actos

Convócase ó alumnado participante nas mobilidades de estudos 2014.15 a asistir á xuntanza na que se abordará o proceso de tramitación documental -académico e administrativo- das súas mobilidades.

Rexistrarase a asistencia dos implicados e recoméndase acudir coa persoa representante na UDC.

Ver información relativa á tramitación: http://etsa.udc.es/web/?p=11035

 

Xuñ
30
Lun
4ª SESIÓN DO SEMINARIO HÁBITAT A ESCALA HUMANA @ Salón de Actos. ETSAC
Xuñ 30 @ 16:30 – 19:30
4ª SESIÓN DO SEMINARIO HÁBITAT A ESCALA HUMANA @ Salón de Actos. ETSAC

4ª SESIÓN DO SEMINARIO HÁBITAT A ESCALA HUMANA

Luns 30 de xuño, ás 16:30 no Salón de Actos, ETSAC

As conferencias serán as seguintes:
– “A construción social da cidade; desmontando os prexuízos da participación no urbanismo”. Raons Publiques (Javier Fraga)

– “La participación ciudadana en el urbanismo: una condición necesaria para la sostenibilidad”. Carlos Verdaguer

– “Asentamentos chabolistas, ata cando?”. ASF Galicia (Cristina Nieto e Juan Aradas)
Xul
7
Lun
Curso de verán MAGA: MULLERES PIONEIRAS NA ARQUITECTURA ESPAÑOLA, 1936-75 @ Aula Náutica da UDC, Dique de Abrigo, A Coruña
Xul 7 – Xul 11 all-day

Curso de verán do proxecto de investigación MAGA en torno ás MULLERES PIONEIRAS NA ARQUITECTURA ESPAÑOLA, 1936-75.

Lugar: Aula Náutica UDC, Dique de Abrigo, A Coruña

Datas: 07-11 de xullo de 2014

Créditos: 3 créditos de libre configuración

Inscripción de balde en: http://www.udc.es/gausmaga

maga.veran_2

Taller de empregabilidade na ETSAC
Xul 7 @ 09:30 – Xul 9 @ 14:30

Nova edición do curso

Tras o exito e as boas sensacións dos alumnos que realizaron o curso en anteriores edicións propomos de novo

“FERRAMENTAS PRÁCTICAS PARA XESTIONAR A MIÑA CARREIRA PROFESIONAL”

 CURSO DIRIXIDO A:

  • RECEN TITULADOS ETSAC
  • ALUMNOS MATRICULADOS NO PFC

INFORMACIÓN e MATRÍCULA

  • Número máximo/mínimo de alumnos: 30/10
  • Luns 7 e mercores 9 de xullo en horario de 9:30 a 14:30 horas. En caso de superar o número máximo de alumnos podería organizarse outro curso adicional.
  • 10 horas de formación.
  • Matrícula: 20 euros.
  • Realizarase o ingreso unha vez notificada a aceptación da preinsripción
  • Matricúlate facendo clic aquí ou na imaxe dos contenidos.

A empregabilidade, fai referencia ao potencial que ten un individuo de ser solicitado por unha empresa para traballar nela. Todos e cada un de nós, ademais da formación, posuímos unhas capacidades e habilidades determinadas e será a nosa obrigación aprender a rendibilizar todo noso atractivo profesional para resultar elixido nun proceso de selección. Ademais, o concepto empleabilidad, fai referencia á capacidade que posúe un individuo para adaptarse ao cambio ou capacidade para integrarse máis facilmente no mercado de traballo en diferentes períodos da súa vida. Coñecer e potenciar a nosa empregabilidade implica facer un dobre exercicio. Por unha banda, determinar cales son as nosas competencias profesionais, as nosas habilidades e fortalezas, as nosas motivacións profesionais; e facelo desde a obxectividade; e por outra banda identificar cal é realmente a nosa competitividade na contorna laboral actual, no mercado de traballo. Sobre estas premisas, e sendo conscientes do complicado do panorama actual en termos de procura de emprego, dos nosos alumnos, deseñamos o “Taller de empleabilidad: ferramentas prácticas para xestionar a miña carreira profesional”, co obxectivo de guiarche no teu proceso de procura de emprego. O curso se desenvolve en colaboración coa empresa Extend, esta empresa ven desenvolvendo desde 2002 proxectos de consultoría de RR.HH., sistemas de xestión por competencias, auditoría de RR.HH., sistemas de compensación e retribución, así como procesos de selección, formación e coaching.

taller_01

extend_04

Xul
17
Xov
5ª SESIÓN DO SEMINARIO HÁBITAT A ESCALA HUMANA @ Salón de Actos ETSAC
Xul 17 @ 16:30 – 18:30

O próximo xoves 17 de xullo terá lugar no Salón de Actos da ETSAC a última conferencia da segunda edición do seminario Hábitat a Escala Humana, que versará sobre as Tecnoloxías Apropiadas.

Cartel Seminario HaEH sesión 5

ALEJANDRO FERNÁNDEZ
“Cara ao empoderamento tecnolóxico…”
Arquitecto e urbanista que dende o 2006 se dedica á investigación en tecnoloxías apropiadas e procesos participativos en contextos rurais e urbanos. No seu traballo ocúpase do uso de materiais tradicionais e naturais dende unha perspectiva contemporánea, a etnografía, a paisaxe, a arquitectura, a agricultura, o rururbano, a memoria colectiva, o urbanismo participativo… En 2010 formou o Laboratorio de Investigación en tecnoloxía/s apropiada/s con sede en Vigo.

ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS | SERGIO FERNÁNDEZ
“Tecnoloxía para o desenvolvemento humano, máis aló das tecnoloxías apropiadas”
Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras Galicia dende 1998 e técnico de proxectos e educación para o desenvolvemento dende 2008. Realizou investigacións en temas de xestión comunitaria de montes en Galicia e modelos de desenvolvemento rural, e traballos en ordenación territorial e sistemas de información xeográfica. Conta con experiencia como personal expatriado en Centroamérica.

+ información: http://www.udc.es/dhabitat/novas/2014/20140715SeminarioSesion5.html

Set
1
Lun
Información de interese para o inicio do curso 2014-2015 @ Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Set 1 @ 10:00 – Set 20 @ 11:00

ETSAC. GRAO EN ARQUITECTURA. CURSO 2014-2015

Set
4
Xov
Acto de INICIO DE CURSO 2014-15 na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Set 4 @ 18:00 – 20:30

Como acto de inicio do curso 2014-15, o vindeiro día 4 de setembro, ás 18:00h, o noso compañeiro Alfredo Freixedo impartirá unha conferencia, seguida dunha actuación do grupo de jazz Alfonso Medela Trío.iniciocurso_2

Set
5
Ven
PFC convocatoria SETEMBRO 2014: Formalización da inscripción para a súa defensa @ Aula PFC, Sótano -2, Edificio Departamentos da ETSA
Set 5 @ 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A SÚA DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC SEPTEMBRO 2014.

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
    (pode ser que dende a ventana do navegador non funcione o botón enviar, por iso debes facelo dende adobe reader)
  2. Despóis de cumplimentalo, presiona o botón enviar que aparece na esquina inferior derecha. 
  3. Dende adobe reader imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

se tes algún problema para cubrir ou enviar o formulario consulta por favor neste enlace
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércoles 3 de septembro a las 14:00h.

VENRES 5 DE SEPTEMBRO DE 2014
Aula PFC, Sótano -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte  papel e maqueta.

Entregaráse o listado da documentación, debidamente cuberto e asinado, así como o informe do titor
DOCUMENTACIÓN PFC

LUNS 8 DE SEPTEMBRO DE 2014
Aula PFC, Sótano -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf  (instruccións precisas en Moodle:
    ENTREGA PFC-SOPORTE DIXITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumo do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAY QUE ENTREGAR OS PANEIS DIN A1 FISICOS, SÓ EN FORMATO DIXITAL.
Set
8
Lun
Curso de verán da UDC: PROCESOS HABITADOS. As arquitecturas nas que vive o outro 90% @ ETSAC
Set 8 – Set 12 all-day
Exposición na ETSAC: ARQUITECTURA FINESA A ESCALA HUMANA @ Andar 0, espazo expositivo, ETSAC
Set 8 – Out 10 all-day

A ETSAC acolle a exposición ARQUITECTURA FINESA A ESCALA HUMANA entre os días 08 de setembro e 10 de outubro.

Un suxerente percorrido pola arquitectura finesa da man do fotógrafo Jussi Tiainen, organizado polo Instituto Iberoamericano de Finlandia.

Tiainen_2