VLADIMIR LENINE
UNHA VISIÓN DAS ARQUITECTURAS (E ALGO +) DA CIDADE DE MAPUTO A TRAVÉS DUN PERCORRIDO POLA AVENIDA DE VLADIMIR LENINE
Percorrendo os 6.17 quilómetros da avenida disecciónase con obxectividade forense a complexidade dunha capital da África subsahariana.
A exposición, de humilde materialidade, quere simular na Biblioteca da ETSAC aquel percurso.
Fotografía, deseño e produción: Plácido Lizancos.
Na Área de Exposicións da biblioteca da ETSAC, dende o 25 de abril
O vindeiro día 05 de maio de 2014, ás 12:00h, vai ter lugar un acto homenaxe a MARÍA DEL MILAGRO REY HOMBRE, doutora arquitecta e profesora do Departamento de Construcións Arquitectónicas ata o seu falecemento.
No mesmo intervirán as profesoras da ETSAC: María Carreiro, Paula Fernández-Gago e Inés Pernas. O acto estará presentado polo director da Escola, Fernando Agrasar.
Como preámbulo, presentaranse os resultados do proxecto MAGA, con especial atención aos datos relativos á presenza das mulleres na nosa Escola de Arquitectura.
Organiza: MAGA
Máis información:
Mesa redonda A NECESIDADE DUN ENFOQUE SOCIAL NAS ESCOLAS DE ARQUITECTURA, organizada por dHábitat.
Intervirán: Carlos González Lobo, María Eugenia Hurtado, Esteban de Manuel, Fernando Agrasar, Plácido Lizancos e Alberto Fortes.
Lugar e data: Multiusos do futbolín, andar -2, martes 06 de maio, ás 12:30h
Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.
Organiza: RETSAC
Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac
Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.
Organiza: RETSAC
Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac
Calendario académico curso 2013/2014
Grao en Arquitectura
A ETSAC presenta a xornada NOVOS TERRITORIOS. VOCACIÓN E RECICLAXE PROFESIONAL DESDE A ARQUITECTURA
A través dunha serie de palestras presentadas polo director da Escola, Fernando Agrasar, os nosos convidados, maioritariamente egresados da ETSAC, amosarán a súas experiencias en campos tanxenciais á arquitectura.
Estamos a falar da edición, a ilustración, o deseño de automóbiles, a xoiería, as artes escénicas, a fotografía e a montaxe de exposicións. Intervirán: Óscar Pedrós, Eva Alfonso, Felipe Trillo, Jacobo Domínguez, Beatriz Pérez, Ramón de los Heros e Ana Belén Amado.
Neste contexto, os profesores Pedro de Llano e Plácido Lizancos presentarán a última publicación PFC ETSAC, reflexionando sobre os procedementos gráficos de ideación e análise nos proxectos fin de carreira, nos que interviron algúns dos convidados.
Coordinación: Óscar Pedrós e Evaristo Zas
II Jornada sobre Investigación Urbana “De las cosas urbanas a la reproducción social”, organizada por el grupo de investigación Galicia Cidade e Territorio (GCeT).
Esta actividad se desarrollará este viernes 30 de mayo durante todo el día, a través de un paseo comentado por el territorio de A Coruña, el 1er DESCENSO URBANÍSTICO DESDE LA ETSAC:
Introducción-Información / Invitados y Ponencias
Aunque para asistir al paseo comentado es necesaria la inscripción previa, la asistencia a las charlas es libre e igualmente gratuita
Galicia Cidade e Territorio (GCeT)
Grupo de investigación da Universidade da Coruña