Exposición GRANDES HÓRREOS DE ARTEIXO: Estudo arquitectónico e construtivo de 22 hórreos de gran tamaño das parroquias do Concello de Arteixo.
Documentación realizada polos alumnos da ETSAC durante as actividades do Departamento de Composición no verán de 2012
Textos: profesor Xabier Louzao
Coordinación: Alberta Lorenzo
Deseño e montaxe: Arantzazu de Urrutia
Datas e lugar: febreiro-abril, no Departamento de Composición
No andar 0 da ETSAC pódese visitar a exposición TRES PROPOSTAS. Entradas da ETSAC para o concurso do museo da historia bávara en Regensburg (Alemaña):
01. Creus + Carrasco
02. Emilio Rodríguez, José Luis Martínez, Sinaldaba, Antón Pena
03. Cristóbal Crespo, LAAV
Organización: Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, Grupo de Investigación Proxecto Arquitectura e Cidade, Emilio Rodríguez (comisariado, deseño e montaxe) e Antón Pena Auge
O TALLER DE FOTOGRAFÍA da ETSAC organiza unha palestra de Luis Carré, baixo o título: A fotografía como linguaxe
Asistencia: aberta a todos os interesados
Data: 27 de marzo de 2014, ás 12h00
Lugar: Salón de actos da ETSAC
O vindeiro venres día 28 de marzo de 2014, César Portela impartirá unha palestra na ETSAC baixo o título: Rehabilitación de fábricas
Organiza: Departamento de Composición e Mestrado de Rehabilitación
Lugar: Salón de actos da ETSAC, ás 12:00h
Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.
Organiza: RETSAC
Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac
A ETSAC organiza as xornadas FALAMOS DE ARQUITECTURA nas que os nosos invitados (galegos, portugueses e brasileiros) exporán un traballo recente e participarán nunha mesa redonda á que estades todos convidados. Nestas xornadas se poñerá en evidencia a utilidade da nosa lingua nun amplo contexto, o da lusofonía.
Xornada 01: venres 04.04.2014 ás 11:00h
Manolo Gallego e Alexandre Alves Costa
Xornada 02: xoves 24.04.2014 ás 11:00h
Manuel Rivas, Alfonso Salgado e Silvana Rodrigues de Oliveira