Exposición GRANDES HÓRREOS DE ARTEIXO: Estudo arquitectónico e construtivo de 22 hórreos de gran tamaño das parroquias do Concello de Arteixo.
Documentación realizada polos alumnos da ETSAC durante as actividades do Departamento de Composición no verán de 2012
Textos: profesor Xabier Louzao
Coordinación: Alberta Lorenzo
Deseño e montaxe: Arantzazu de Urrutia
Datas e lugar: febreiro-abril, no Departamento de Composición
CONFERENCIA PFC:
“Excavaciones urbanas y recalces”
Juan Pérez Valcárcel
Salón de Actos ETSAC
Lunes, 24 de febrero de 2014 16:00 h-17:30 h
DA RECICLAXE A RESIDUOS CERO
O próximo mércores 26 de febreiro organizamos unha charla sobre a xestión de residuos: da reciclaxe a residuo cero. A situación na UDC
A Universidade da Coruña busca ser punteira na xestión de residuos, a través de 3 liñas de actuación: prevención, reciclaxe de papel e compostaxe. Neste senso a universidade posúe un plan de Xestión de Residuos que comprende actuacións de varios tipos: infraestrutura, informativo e de xestión e de seguimento, inspección e avaliación.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o plan de Xestión de Residuos da UDC e as actuacións que se están a levar a cabo para que o tratamento de residuos vaia mellorando. A separación correcta de residuos así como as actividades pioneiras de compostaxe que se están a levar a cabo contribúen a minimizar os problemas que xeran os residuos derivados das actividades que realizamos diariamente. Teremos a oportunidade de escoitar a Ramón Plana, experto en xestión de residuos e experiencias de compostaxe, ademais participou no plan se Xestión de Residuos da UDC.
Ao remate visitaremos as áreas de compostaxe da ETS de Arquitectura e da EU de Arquitectura Técnica.
A actividade “Residuos na UDC” estará organizada da seguinte forma:
16.30 – Salón de Graos do Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Relator: Ramón Plana
Presentación: Manuel Soto
17.30- visita experiencias de compostaxe de residuos de comedor na UDC
Para ir comezando animámosvos a que botedes un ollo á seguinte presentación:
http://prezi.com/a0glazspuwzf/sabias-que/
Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !
Máis información:
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC
Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC
Fase local do Concurso Internacional de arquitectura para estudantes MULTI-COMFORT HOUSE, actividade docente do TALLER 08
A ETSAC acolle o Joint Graduate Design Project ao abeiro do Acordo Marco asinado en decembro de 2013 entre a ETSAC da UDC e a School of Architecture do Harbin Institute of Technology (China).
Aulas e obradoiros compartidos nos que participarán profesores de ambas escolas e 10 alumnos de Harbin e 16 da ETSAC en torno a un proxecto compartido no espazo industrial obsoleto da Artística de Vigo.
As conferencias, en inglés, son abertas a todos os alumnos da ETSAC.
Máis información e programa: 2014 Joint Graduate Design Project at ETSAC
CONFERENCIA PFC:
“Proyecto de Ejecución: CTE DB SI – CTE DB SUA”
José Luis Martínez Raído
Salón de Actos ETSAC
Lunes, 10 de marzo de 2014 16:00 h-17:30 h
Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.
Organiza: RETSAC
Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac