Exposición GRANDES HÓRREOS DE ARTEIXO: Estudo arquitectónico e construtivo de 22 hórreos de gran tamaño das parroquias do Concello de Arteixo.
Documentación realizada polos alumnos da ETSAC durante as actividades do Departamento de Composición no verán de 2012
Textos: profesor Xabier Louzao
Coordinación: Alberta Lorenzo
Deseño e montaxe: Arantzazu de Urrutia
Datas e lugar: febreiro-abril, no Departamento de Composición
CONFERENCIA PFC:
“Proyecto de Ejecución: CTE. Parte I”
Antonio Raya de Blás
Salón de Actos ETSAC
Lunes, 10 de febrero de 2014 16:00 h-17:30 h
Toda a información que precisas para estudar no estranxeiro
A Vicerreitoría de relacións internacionais e cooperación organiza o International Day na Universidade da Coruña, que terá lugar o día 11 de febreiro de 2014 no Pavillón de Estudantes do Campus de Elviña.
nota: A ATENCION A MOBILIDADE REALIZARASE NESE LUGAR
CONFERENCIA PFC:
“Proyecto de Ejecución: CTE. Parte II”
Antonio Raya de Blás
Salón de Actos ETSAC
Lunes, 17 de febrero de 2014 16:00 h-17:30 h
Compostaxe na UDC: Proxección do documental Trashed.
O próximo mércores 19 de febreiro, a Oficina de Medio Ambiente presenta a seguinte actividade do ciclo de voluntariado ambiental, nesta ocasión relacionada coa temática dos residuos.
Primeiro proxectaremos o documental Trashed, protagonizado por Jeremy Irons, documental moi interesante que nos conta a problemática dos residuos, dos vertedoiros e incineradoras do mundo civilizado. Tráiler:http://www.youtube.com/watch?v=7UM73CEvwMY
Ao remate abriremos un coloquio sobre a problemática dos residuos e posibles solucións. Por ultimo, visitaremos unha das solucións que aporta a universidade para reducir os residuos que é o proxecto de compostaxe comunitaria. Os residuos orgánicos de tres comedores universitarios son recollidos de xeito separado e compostado no propio campus en tres áreas de compostaxe. Visitaremos a última incorporación a este proxecto, que é a área da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica que recolle os residuos da cafetería da mesma.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a compostaxe, que é unha forma de reciclar a materia orgánica e reducir o volume de lixo xerado. Isto contribúe á minimización da contaminación e dos problemas asociados á xestión de residuos (cambio climático, dioxinas, ruídos…) e ademais, permite pechar o ciclo da materia orgánica na natureza.
A actividade “Compostaxe na UDC” estará organizada da seguinte forma:
16.30 – Salón de actos da Facultade de Ciencias
– Proxección de documental Trashed
Ficha técnica:
http://www.terra.org/categorias/peliculas/trashed-rodeados-de-residuos-y-basuras
– Charla-debate.
– Visita á área de compostaxe da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.
Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !
Máis información:
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC
Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC
CONFERENCIA PFC:
“Excavaciones urbanas y recalces”
Juan Pérez Valcárcel
Salón de Actos ETSAC
Lunes, 24 de febrero de 2014 16:00 h-17:30 h
DA RECICLAXE A RESIDUOS CERO
O próximo mércores 26 de febreiro organizamos unha charla sobre a xestión de residuos: da reciclaxe a residuo cero. A situación na UDC
A Universidade da Coruña busca ser punteira na xestión de residuos, a través de 3 liñas de actuación: prevención, reciclaxe de papel e compostaxe. Neste senso a universidade posúe un plan de Xestión de Residuos que comprende actuacións de varios tipos: infraestrutura, informativo e de xestión e de seguimento, inspección e avaliación.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o plan de Xestión de Residuos da UDC e as actuacións que se están a levar a cabo para que o tratamento de residuos vaia mellorando. A separación correcta de residuos así como as actividades pioneiras de compostaxe que se están a levar a cabo contribúen a minimizar os problemas que xeran os residuos derivados das actividades que realizamos diariamente. Teremos a oportunidade de escoitar a Ramón Plana, experto en xestión de residuos e experiencias de compostaxe, ademais participou no plan se Xestión de Residuos da UDC.
Ao remate visitaremos as áreas de compostaxe da ETS de Arquitectura e da EU de Arquitectura Técnica.
A actividade “Residuos na UDC” estará organizada da seguinte forma:
16.30 – Salón de Graos do Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Relator: Ramón Plana
Presentación: Manuel Soto
17.30- visita experiencias de compostaxe de residuos de comedor na UDC
Para ir comezando animámosvos a que botedes un ollo á seguinte presentación:
http://prezi.com/a0glazspuwzf/sabias-que/
Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !
Máis información:
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC
Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC
Fase local do Concurso Internacional de arquitectura para estudantes MULTI-COMFORT HOUSE, actividade docente do TALLER 08