Calendar

Out
18
Ven
Exposición na ETSAC: VIANA EM ANÁLISE @ Espazo de exposicións, andar 0, ETSAC
Out 18 @ 10:00 – Dec 18 @ 11:00

A ETSAC presenta a exposición da Universidade do Minho, VIANA EN ANÁLISE: 8 VISÓNS ENTRE O CONTEXTO E A UTOPÍA,  elaborada con traballos académicos de alumnos de 4º curso do Mestrado Integrado da Escola de Arquitectura.

Comisario: Paulo Lago de Carvalho, profesor da Universidade do Minho.

Lugar: Espazo de exposicións, andar 0, ETSAC

Datas: 18 outubro-18 decembro 2013

VIANA EM ANALISE_00

Nov
20
Mér
REFORESTACIÓN PARTICIPATIVA NO MONTE DA FRAGA @ Salón de Actos da Facultade de Ciencias
Nov 20 @ 15:30 – 20:00
REFORESTACIÓN PARTICIPATIVA NO MONTE DA FRAGA @ Salón de Actos da Facultade de Ciencias

Como facer unha resforestación participativa?
Actuación práctica no Monte da Fraga

Mércores 20 de novembro
16:30h: cita no Salón de actos da Facultade de Ciencias
16:45:h: Saída para visita ao Monte da Fraga
18:00h: Conferencia “Como iniciar unha reforestación participativa. Actuacións en caso de incendio”
Manuel Santos, representante do Comité en Defensa do Monte Galego
Como nova actividade de voluntariado ambiental,  a Oficina de Medio Ambiente (OMA-UDC) vai iniciar unha reforestación participativa no monte da Fraga (A Zapateira, espazo situado entre a Facultade de Ciencias e a de Filoloxia).  Este proxecto pretende fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de accións ligadas á conservación da biodiversidade, a restauración e a mellorado espazo público no Campus universitario.
Ao longo do tempo , a OMA-UDC proponse transformar o eucaliptal  do Monte da Fraga nunha fraga autóctona facendo deste lugar lugar un sitio respectuoso co medio. Nesta nova fase, buscamos  que vos participedes nesta transformación dun xeito activo.
Para iniciar esta actividade de participación o primeiro que faremos será unha visita guiada ao Monte da Fraga, na que faremos unha diagnose do territorio e coñeceremos as súas problemáticas e fortalezas, así como as actuacións xa levadas a cabo e os proxectos en elaboración.
Posteriormente contaremos con Manuel Santos, representante do Comité en Defensa do Monte Galego, quen nos explicará os métodos para iniciar unha reforestación participativa e tamén como actuar en caso de incendio. Achegámonos así a unha problemática máis xeral e urxente nos montes galegos hoxe en día.
E, por último, con todas as persoas e colectivos participantes trataremos de facer un calendario de futuras actuacións para reforestar o noso Monte da Fraga.

Inscribirse no Correo-e: oma3@udc.es
Mais información:
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC

Nov
22
Ven
Xornada de benvida dos estudantes de doutoramento da UDC @ Paraninfo. Maestranza.
Nov 22 @ 10:00 – 12:00

A EIDUDC organiza unha xornada informativa orientada á acollida dos novos estudantes de doutoramento na que se lles subministrará información sobre diversos aspectos relacionados coa nova normativa de doutoramento.

Os estudantes matriculados en anos anteriores tamén están convocados xa que lles afectan igualmente algúns cambios introducidos pola nova normativa.

Data e lugar da Xornada: venres 22 de novembro no Paraninfo do edificio da Maestranza, as 10:00 h.

Exposición na ETSAC: “O legado de Konstantín Mélnikov” @ Sala de exposicións da ETSAC, andar 0
Nov 22 @ 11:00 – Dec 20 @ 11:00
Nov
26
Mar
Conferencias na ETSAC: “O legado de Konstantín Mélnikov” @ Salón de actos da ETSAC
Nov 26 @ 09:15 – 13:00
Nov
29
Ven
Conferencia de Javier Martín na ETSAC @ Aula especial 2, andar -1, ETSAC
Nov 29 @ 11:00 – 13:00
Estructuras Transformables. En homenaje a Félix Escrig. @ ETSAC. Aula Especial 1
Nov 29 @ 11:30 – 14:00
Lectura da tese de doutoramento: ARQUITECTURA DOS BALNEARIOS EN GALICIA @ Salón de Graos, edificio de departamentos, ETSAC
Nov 29 @ 11:30 – 14:00

Lectura da tese de doutoramento: “Arquitectura dos balnearios en Galicia”

Doutorando: Margarita Lorenzo Durán

Directores: José Antonio Franco Taboada e Mª Cruz Iglesias Martínez

Data: 29 de novembro de 2013, ás 11:30h

marga_2

Dec
2
Lun
Presentación do proxecto de educación para o desenvolvemento dHábitat @ Salón de actos da ETSAC
Dec 2 @ 12:00 – 14:00
Dec
3
Mar
ENTREGA PFC BÁSICO- 3 DICIEMBRE 2013 @ UADI. Sótano Edificio Departamentos
Dec 3 @ 11:00 – 13:00
ENTREGA PROYECTO BÁSICO CURSO 2012-13
  • 3 DICIEMBRE 2013

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación.

Planta Sótano Edificio Departamentos.

11:00h – 13:00h

Se recuerda que todos los alumnos que se presenten a dicha convocatoria: 

  • Deberán notificarlo en la secretaría de la ETSA antes de entregar.
  • Se entregarán 2 paneles DIN A1 en vertical con, al menos, la siguiente documentación:
    • Memoria descriptiva y justificativa.
    • Plantas, secciones, alzados.
    • Sección constructiva de una parte significativa.
  • Se entregarán 4 juegos DIN A3 de las reducciones de los paneles DIN A1.
  • Se entregará informe del tutor.