A ETSAC presenta a exposición da Universidade do Minho, VIANA EN ANÁLISE: 8 VISÓNS ENTRE O CONTEXTO E A UTOPÍA, elaborada con traballos académicos de alumnos de 4º curso do Mestrado Integrado da Escola de Arquitectura.
Comisario: Paulo Lago de Carvalho, profesor da Universidade do Minho.
Lugar: Espazo de exposicións, andar 0, ETSAC
Datas: 18 outubro-18 decembro 2013
O Departamento de Composición organiza o ciclo de conferencias NO CENTENARIO DOS MESTRES, aberto a todos os alumnos da ETSAC.
Dirección: Celestino García Braña
Datas: 09-31 de outubro de 2013, mércores e xoves, 12:00-14:00h
Lugar: Salón de Actos da ETSAC
Tense solicitado 1 crédito de libre elección (en trámite)
Conferencia de Rafael Moneo na Escola de Arquitectura da Coruña: “UNA REFLEXIÓN TEÓRICA DESDE LA PROFESIÓN. Materiales de archivo (1961-2013)”
Organización: Fundación Barrié / ETSAC-UDC
Data e hora: venres 25.10.2013, ás 11:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC + Streaming nas aulas especiais do andar -1

O Departamento de Composición organiza o ciclo de conferencias NO CENTENARIO DOS MESTRES, aberto a todos os alumnos da ETSAC.
Dirección: Celestino García Braña
Datas: 09-31 de outubro de 2013, mércores e xoves, 12:00-14:00h
Lugar: Salón de Actos da ETSAC
Tense solicitado 1 crédito de libre elección (en trámite)
CONFERENCIA PFC: CÓDIGO TÉCNICO DE LA EDIFICACIÓN. REQUERIMIENTOS TÉCNICOS
Antonio Raya de Blás
Lunes 4 de noviembre de 2o13, 16:00 h Salón de Actos. ETSAC
A Universidade da Coruña conta cun proxecto pioneiro de compostaxe comunitaria. Os residuos orgánicos de dous comedores universitarios son recollidos de xeito separado e compostado no propio campus nunha área de compostaxe comunitaria e nun compostador dinámico, o “campusteiro”
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a compostaxe, que é unha forma de reciclar a materia orgánica e reducir o volume de lixo xerado. Isto contribúe á minimización da contaminación e dos problemas asociados á xestión de residuos (cambio climático, dioxinas, ruídos…) e ademais, permite pechar o ciclo da materia orgánica na natureza.
A actividade “Compostaxe na UDC” estará organizada da seguinte forma:
10.30 – Charla
A compostaxe na UDC, a cargo de Manuel Soto (UDC)
Como facer compostaxe na casa, a cargo de María R. Lafuente (ADEGA).
11.45 – Visita guiada ás áreas de compostaxe.
Animádevos a participar, resultaravos moi interesante!
Inscribídevos no correo oma3@udc.es!
Para este ciclo de actividades e obradoiros están solicitados dous créditos de libre configuración (asistencia mínima de 20h) ou un crédito de libre configuración (asistencia mínima de 10h).
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC

Como facer unha resforestación participativa?
Actuación práctica no Monte da Fraga
16:30h: cita no Salón de actos da Facultade de Ciencias
16:45:h: Saída para visita ao Monte da Fraga
18:00h: Conferencia “Como iniciar unha reforestación participativa. Actuacións en caso de incendio”
Manuel Santos, representante do Comité en Defensa do Monte Galego
Ao longo do tempo , a OMA-UDC proponse transformar o eucaliptal do Monte da Fraga nunha fraga autóctona facendo deste lugar lugar un sitio respectuoso co medio. Nesta nova fase, buscamos que vos participedes nesta transformación dun xeito activo.
Para iniciar esta actividade de participación o primeiro que faremos será unha visita guiada ao Monte da Fraga, na que faremos unha diagnose do territorio e coñeceremos as súas problemáticas e fortalezas, así como as actuacións xa levadas a cabo e os proxectos en elaboración.
Posteriormente contaremos con Manuel Santos, representante do Comité en Defensa do Monte Galego, quen nos explicará os métodos para iniciar unha reforestación participativa e tamén como actuar en caso de incendio. Achegámonos así a unha problemática máis xeral e urxente nos montes galegos hoxe en día.
Inscribirse no Correo-e: oma3@udc.es
Mais información:
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC
A EIDUDC organiza unha xornada informativa orientada á acollida dos novos estudantes de doutoramento na que se lles subministrará información sobre diversos aspectos relacionados coa nova normativa de doutoramento.
Os estudantes matriculados en anos anteriores tamén están convocados xa que lles afectan igualmente algúns cambios introducidos pola nova normativa.
Data e lugar da Xornada: venres 22 de novembro no Paraninfo do edificio da Maestranza, as 10:00 h.