Calendar

Nov
6
Mar
COMPAÑEIROS DE OFICIO. @ Sede da Coruña da Fundación Barrié
Nov 6 2012 – Abr 7 2013 all-day

A Fundación Barrié presenta na súa sede de A Coruña a exposición Compañeiros de oficio, unha reflexión sobre o papel que a arquitectura vernácula exerceu na obra de grandes mestres da arquitectura contemporánea.

A mostra, produción propia da Fundación e comisariada por Pedro de Llano, catedrático de Representación e Teoría Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, pretende impulsar unha reflexión pouco habitual sobre o papel da arquitectura vernácula como pilar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos que deron continuidade ao vínculo entre os “artesáns” de onte e os “creadores” de hoxe, tal e como expresou, Le Corbusier, coas palabras que dan título a esta exposición.

Xan
17
Xov
Exposición: ARTEIXO PATRIMONIO ROMÁNICO
Xan 17 – Feb 28 all-day

Poucos municipios de Galicia conservan unha pegada patrimonial medieval, e máis concretamente románica, tan interesante como o Concello de Arteixo. As igrexas conservadas proceden nalgúns casos de vellos mosteiros mentres outras son igrexas rurais, con numerosos restos do período románico, como ábsidas, fachadas, muros laterais, canecillos, xanelas e portadas. Épocas de prosperidade ou a simple necesidade de reparación, modificaron séculos despois o seu aspecto orixinal, sen que con eles perdesen o interese e o valor arquitectónico que tratamos de resaltar nesta mostra.

Coa colaboración do Concello de Arteixo e da Deputación Provincial da Coruña, o Departamento de Composición presenta esta montaxe expositiva, realizado por estudantes da ETSA, Doutoramento e Máster do Departamento, baixo a dirección dos profesores da Materia de Historia da arte.

APR_01

 

Feb
19
Mar
Tese de doutoramento: Arquitectura Termal en Portugal @ Salón de Graos. Edificio Departamentos ETSA
Feb 19 @ 10:00 – 12:00

Anúnciase a leitura e defensa da Tese de doutoramento: Arquitectura Termal en Portugal: En busqueda del Balneario Ideal presentada polo doutorando Don Rui Solla Soares de Lacerda.

Dirixida por Don Joaquin Fernández Madrid (Catedrático de Universidade da Universidade da Coruña) e Don Fernando Brandāo Alves (Doutor da Universidade de Porto)

STE_01

 

Feb
23
Sáb
Mantemento previsto do centro de transformación e grupo electróxeno do edificio de departamentos da ETSAC
Feb 23 @ 09:00 – 12:00

O vindeiro sábado 23.02.2013 entre as 9:00 e as 14:00 realizarase o mantemento do centros de transformación e revisión de grupos electróxenos do edificio de departamentos sen carga real.

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo de emerxencia.

E recomendable desconectar da rede os equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.

Un saúdo.

Feb
25
Lun
CONFERENCIA PFC: Proyecto de Ejecución: CTE DB SI. José Luis Martínez Raído @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 25 @ 16:00 – 17:30

CONFERENCIA PFC:

“Proyecto de Ejecución: CTE DB SI”

José Luis Martínez Raído

Salón de Actos ETSAC

Lunes, 25 de febrero de 2013       16:00 h-17:30 h

Feb
26
Mar
PFC – Probas audiovisuais – Decembro 2012 @ Salón de Actos, E-1 e E-2
Feb 26 – Feb 28 all-day
 – 26 de febreiro: O Salón de Actos ( todo o día), a E-1 (das 14:00 ás 18:00 horas e das 19:00 ás 21:00 horas) e a E-2 (das 09:00 ás 10:00 horas, das 11:00 ás 13:00 horas e das 15:00 ás 17:00 horas).
  – 27 de febreiro: O Salón de Actos (das 10:00  ás 12:00 horas e das 15:00 ás 21:00 horas), a E-1 (das 11:00 ás 13:00 horas, das 15:00 ás 16:00 horas e das 18:00 ás 21:00 horas) e a E-2 ( das 14:00 ás 16:00 horas).
    – 28 de febreiro : O Salón de Actos (das 13:00 ás 21:00 horas), a E-1 ( das 13:00 ás 17:00 horas e das 19:00  ás 21:00 horas) e a E-2 ( das 11:00 ás 12:00 horas e das 13:00 ás 21:00 horas).
Todos o equipos ten a mesma resolución polo que a proba pódese facer en calquera deles.
Feb
27
Mér
Leitura da Tese Doutoral: “ESPACIO EXPOSITIVO CONTEMPORÁNEO, 1923-1942. INTERACCION ENTRE ARTE Y ARQUITECTURA” @ Salón de Graos
Feb 27 @ 12:00 – 14:00

Leitura da Tese Doutoral: “ESPACIO EXPOSITIVO COTEMPORÁNEO, 1923-1942. INTERACCION ENTRE ARTE Y ARQUITECTURA”

autora: Dna. Luz Paz Agras
director: D. Fernando Agrasar Quiroga

tribunal:

Dna. Mª Luisa Sobrino Manzanares, USC, presidenta
D.Josep Mª Montaner Martorell, UPC, vogal
D. Gonçalo Furtado Cardoso Lopes, UPorto, vogal
D. Federico López Silvestre, USC, vogal
D. Enrique M. Blanco Lorenzo, UDC, secretario

Mércores 27, 12:00H. Salón de Graos. Edificio de Departamentos.

luz_00

Feb
28
Xov
O Cluster da Madeira de Galicia organiza as VII Xornadas de Arquitectura e Deseño. @ Edificio CERSIA
Feb 28 @ 09:00 – 19:00
Mar
1
Ven
EXPOSICIÓN PÚBLICA PROYECTO FIN DE CARRERA CONVOCATORIA DICIEMBRE 2012 @ Salón de Actos, E-1, E-2
Mar 1 all-day
Mar
4
Lun
INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: “A ARQUITECTURA DO PARLAMENTO DE GALICIA” @ Salón de Actos ETSAC
Mar 4 @ 12:30 – 13:00
INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: "A ARQUITECTURA DO PARLAMENTO DE GALICIA" @ Salón de Actos ETSAC
Exposición:
A ARQUITECTURA DO PARLAMENTO DE GALICIA
De facultade de veterinaria a sede da cámara lexislativa galega
Inaguración:
Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura
Luns, 4 de marzo de 2012, 12:30 h
Dona Pilar Rojo Noguera, Presidenta do Parlamento de Galicia
Dona Natalia Álvarez Lata, Vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación