Calendar

Abr
24
Mar
Primaveira Ambiental UDC. Ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións @ UDC
Abr 24 – Mai 28 all-day
Mai
15
Mar
15.05.2012. Actuacións e melloras do uso da enerxía na UDC @ Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
Mai 15 @ 11:00 – 13:00

Actuacións e melloras do uso da enerxía na UDC. Novas propostas.

 

Actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas @ Salón de Actos. ETSAC
Mai 15 @ 14:00 – 15:00

15 maio, Ás 12:00 h, Charla na ETS Arquitectura, Salón de Actos

Actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas

-Jesús Giz, Técnico superior de mantementos da UDC
-José M. Golpe Acuña. Fundación Axencia Enerxética da Provincia  de A Coruña (FAEPAC).
-Ramses Pérez, Asociación ecoloxista ADEGA

A partir das 11:00 h, Praza da Fraga (Arquitectura-Ciencias, se o tempo acompaña)
I ENCONTRO SOLAR NA UDC (ADEGA)

Organiza: Oficina de Medio Ambiente

Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas

Mai
18
Ven
Límite de prazo: Novas inscricións e actualizacións nas categorías de investigador individual, unidade de investigación e grupo de investigación da UDC
Mai 18 all-day
Límite de prazo: Novas inscricións e actualizacións nas categorías de investigador individual, unidade de investigación e grupo de investigación da UDC

Segundo o establecido no Regulamento para recoñecemento de grupos de investigación, o Servizo de Investigación actualizará o Catálogo de Investigación para a axeitada difusión da investigación da UDC no contorno empresarial e sociocultural.

Para iso ábrese un prazo ata o día 18 de maio con dúas modalidades:

1.ª Novas inscricións nas categorías de investigador individualunidade de investigación e grupo de investigación. Neste caso, cubrirase o formulario de inscrición e ademais:

-Follas de sinaturas, no caso de Grupos ou Unidades

-Informe de aceptación da adscrición de grupos a un departamento, instituto universitario ou centro tecnolóxico, no caso de Grupos

2.ª Actualización de datos: aqueles grupos, unidades e investigadores xa inscritos que desexen realizar algunha modificación na súa ficha, deberán comunicarllo por escrito ao Servizo de Investigación. É importante comunicar todas as altas e as baixas que se producisen, así como as modificacións nas liñas de investigación ou na oferta investigadora para que o Catálogo manteña a súa vixencia. Desde o Servizo de Investigación daranse de baixa as persoas que xa non teñan vinculación coa universidade agás que se solicite, debidamente asinada, a súa inclusión como colaborador/a doutro organismo.

Poden atopar todos os formularios no seguinte enderezo:

http://www.udc.es/investigacion/catalogo/

Unha vez cubertos deben envialos ao Servizo de Investigación.

Para realizar calquera consulta ou resolver calquera dúbida deberá dirixirse ao enderezo de correo electrónico seguinte:catalogo@udc.es

Perspectiva Urbana. Entrega dos proxectos do concurso.
Mai 18 @ 21:00 – Mai 21 @ 21:00

Prazo Límite da entrega venres 18 de maio de 2012 as 21:00h

+ info: Asociación Xuvenil Perspectivas.

Mai
23
Mér
Convocatoria da Comisión Permanente da ETSA @ Sala de Xuntas. Escola Técnica Superior de Arquitectura
Mai 23 @ 11:30 – 13:00

Convocada a comisión permanente da ETSA que se celebrará o mércores 23 de maio 2012, ás 9:30 horas en primeira convocatoria e as 10:00 en segunda convocatoria, na Sala de Xuntas do Centro

Convocatoria da Xunta de Escola @ Salón de Actos. Escola Técnica Superior de Arquitectura
Mai 23 @ 13:30 – 16:00

Convocatoria da vindeira xunta de escola da ETSA que se celebrará o mércores 23 de maio de 2012, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e as 12:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da escola.

Mai
25
Ven
Exposición do con-curso do Laboratorio de fotografía da ETSAC @ Biblioteca. E.T.S. Arquitectura. Universidad de A Coruña
Mai 25 – Xuñ 16 all-day
Mai
28
Lun
Plazo matricula Proba de Conxunto
Mai 28 – Xuñ 9 all-day

Estará aberto desde o 28/05/2012 até o 08/06/2012 ambos inclusive

Acceso a normativa da proba de conxunto 

Conferencia do profesor Dr. Amar Bennadji. Visiting professor RG University, Aberdeen. Escocia. @ Salón de Graos. Edificio Departamentos ETSA
Mai 28 @ 14:00 – 16:00