Calendar

Abr
24
Mar
Primaveira Ambiental UDC. Ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións @ UDC
Abr 24 – Mai 28 all-day
Abr
30
Lun
Achegate ao Sur. Exposición fotográfica na biblioteca da ETSAC @ Biblioteca. E.T.S. Arquitectura. Universidad de A Coruña
Abr 30 – Mai 3 all-day

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza a Exposición Fotográfica “Achégate ao Sur”. Con esta exposición estase a difundir a convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR), coa que se  pretende dar a coñecer á comunidade universitaria dita iniciativa, a partir das fotografías de experiencias pasadas do alumnado propio da Universidade en lugares como Guatemala, Nicaragua ou Marrocos.

A exposición “Achégate ao Sur” móstrase na área de exposicións da BIBLIOTECA da Escola Técnica Superior de Arquitectura dende o 30 de abril ate ao 4 de maio.

Mai
7
Lun
La E.T.S.A.C. y la Fundación Caja de Arquitectos presentan la exposición “Becas 2011. Azar y necesidad”
Mai 7 – Mai 8 all-day

La exposición “Azar y necesidad” está compuesta por el material recopilado de las 10 propuestas ganadoras del XII concurso arquia/becas 2011. La Fundación ha confiado a los arquitectos Fuensanta Nieto y Enrique Sobejano la definición del tema y la resolución, como miembros del jurado único de la convocatoria 2011. Los ganadores fueron seleccionados en virtud del material aportado. Indícanos cual es tú proyecto favorito votando con tú móvil escaneando el código QR, el resultado de las votaciones se actualizará en tiempo real.

Defensa da tese doutoral do profesor Luis Walter Muñoz Fontenla. “Santiago Rey Pedreira. Constructor de Ideas.” @ Salón de Graos. Edificio Departamentos ETSA
Mai 7 @ 13:00 – 15:00

O vindeiro luns, 7 de maio ás 11:30 horas no Salón de Graos do Edificio de Departamentos terá lugar a defensa da tese doutoral de Luis Walter Muñoz Fontenla titulada Santiago Rey Pedreira. Constructor de ideas, dirixida polo doutor arquitecto D. José Manuel Gallego Jorreto

Documentación gráfica técnica para PFC. Antonio Raya de Blás (Parte 3) @ Salón de Actos. E.T.S.A.C
Mai 7 @ 18:00 – 23:00

Documentación gráfica técnica do proxecto de execución

  • Construcción da implantación. Normativa
  • Detalles construtivos
  • Planos de acabados
  • Planos de carpintaría
  • Instalacións

Para tod@s @s alumn@s de PFC. Antonio Raya de Blás (Parte 3) . Salón de Graos. Edificio Departamentos

Mai
8
Mar
Participa na Campaña de Doazón de Sangue @ Escola Técnica Superior de Arquiectura
Mai 8 – Mai 8 all-day

Os próximos  8 e 9 de m, martes e mércores, Campaña de Doazón de Sangue na E.T.S. ARQUITECTURA, situada no campus de A Coruña, en horario de mañá e tarde (das 9:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas)a unidade móbil estará situada na Parada do Bus.

Ademais, impartiranse charlas aos alumnos e alumnas de cada curso, o día anterior a doazón, factor clave para aclarar as dúbidas e conseguir unha participación que permita cubrir as necesidades de sangue dos nosos hospitais.

Os datos das nosas doazóns nos anos anteriores poden compararse na imaxe adxunta, esperamos melloralos nesta próxima campaña.

08.05.2012. Obradoiro de reciclaxe na ETSAC.
Mai 8 @ 11:00 – 13:00
Mai
15
Mar
15.05.2012. Actuacións e melloras do uso da enerxía na UDC @ Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
Mai 15 @ 11:00 – 13:00

Actuacións e melloras do uso da enerxía na UDC. Novas propostas.

 

Actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas @ Salón de Actos. ETSAC
Mai 15 @ 14:00 – 15:00

15 maio, Ás 12:00 h, Charla na ETS Arquitectura, Salón de Actos

Actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas

-Jesús Giz, Técnico superior de mantementos da UDC
-José M. Golpe Acuña. Fundación Axencia Enerxética da Provincia  de A Coruña (FAEPAC).
-Ramses Pérez, Asociación ecoloxista ADEGA

A partir das 11:00 h, Praza da Fraga (Arquitectura-Ciencias, se o tempo acompaña)
I ENCONTRO SOLAR NA UDC (ADEGA)

Organiza: Oficina de Medio Ambiente

Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas

Mai
18
Ven
Límite de prazo: Novas inscricións e actualizacións nas categorías de investigador individual, unidade de investigación e grupo de investigación da UDC
Mai 18 all-day
Límite de prazo: Novas inscricións e actualizacións nas categorías de investigador individual, unidade de investigación e grupo de investigación da UDC

Segundo o establecido no Regulamento para recoñecemento de grupos de investigación, o Servizo de Investigación actualizará o Catálogo de Investigación para a axeitada difusión da investigación da UDC no contorno empresarial e sociocultural.

Para iso ábrese un prazo ata o día 18 de maio con dúas modalidades:

1.ª Novas inscricións nas categorías de investigador individualunidade de investigación e grupo de investigación. Neste caso, cubrirase o formulario de inscrición e ademais:

-Follas de sinaturas, no caso de Grupos ou Unidades

-Informe de aceptación da adscrición de grupos a un departamento, instituto universitario ou centro tecnolóxico, no caso de Grupos

2.ª Actualización de datos: aqueles grupos, unidades e investigadores xa inscritos que desexen realizar algunha modificación na súa ficha, deberán comunicarllo por escrito ao Servizo de Investigación. É importante comunicar todas as altas e as baixas que se producisen, así como as modificacións nas liñas de investigación ou na oferta investigadora para que o Catálogo manteña a súa vixencia. Desde o Servizo de Investigación daranse de baixa as persoas que xa non teñan vinculación coa universidade agás que se solicite, debidamente asinada, a súa inclusión como colaborador/a doutro organismo.

Poden atopar todos os formularios no seguinte enderezo:

http://www.udc.es/investigacion/catalogo/

Unha vez cubertos deben envialos ao Servizo de Investigación.

Para realizar calquera consulta ou resolver calquera dúbida deberá dirixirse ao enderezo de correo electrónico seguinte:catalogo@udc.es