Delegación de alumnos

A Delegación de Alumnos está formada por todos os alumnos representantes en Claustro e Xunta de Escola.

A súa misión é defender os intereses do alumnado do centro, ofrecer un servizo de apoio, e atender todas aquelas reclamacións formuladas polos estudantes e elevalas ao organismo correspondente para a súa resolución.

Para iso, a Delegación de Alumnos dispón dun local, na planta -2, no que son atendidas todas aquelas cuestións relativas ao funcionamento do centro que afecten os alumnos do mesmo.

Dentro da Delegación hai 3 asociacións:

  • Nonsomosovellas. (27 alumnos)
  • Comités Abertos de Facultade (CAF). ( 8 alumnos)
  • Iniciativa Estudiantil Galega (Iesga). (5 alumnos)

xunto con dous alumnos no adscritos.

Ademais, ofrece outros servizos auxiliares como o de asignación de taquillas, asesoramento en plan de estudos, bolsas, bolsa de traballo, concursos, traslados, servizos da UDC e outras informacións relacionadas coa nosa escola.

Existe un taboleiro de anuncios na planta -2 no que se expón toda a información que se recibe na Delegación relativa a cursos, seminarios, bolsas, ofertas de traballo, etc.

Os membros da Delegación de Alumnos son elixidos de entre todos os estudantes da ETSA, mediante eleccións que se celebran dacordo co calendario fixado pola Universidade.

Mais información na sua páxina web e no correo electrónico representantes.alumnos.etsa@udc.es

rectsac_00