Condicións para a realización do B2.TFG e o B2.PFM

As titulacións Grao en Estudos de Arquitectura e Máster Universitario en Arquitectura pola Universidade da Coruña, foron verificadas de acordo coa orde EDU/2075/2010 pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da arquitectura. Na citada orde fíxanse as condicións para a realización do Traballo Fin de grao e o Proxecto Fin de Carreira do Máster Universitario en Arquitectura.

Por tanto, os estudantes que cursen as titulacións de Grao e Máster que se imparten na ETSAC, han de ELABORAR, PRESENTAR e DEFENDER ante un Tribunal Universitario disposto para ese efecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, para que esta poida acreditar a adquisición de competencias sinaladas na citada orde. Os traballos desenvolveranse de acordo aos regulamentos de Traballo Fin de Grao e Proxecto Fin de Carreira, aprobados pola Xunta de Escola e publicados na páxina web da ETSAC.

Estarase ao disposto na normativa académica da Universidade da Coruña