Alumnos da PUCMM visitan a ETSAC

Un ano máis, unha ducia de alumnos dos mestrados da PUCMM, universidade da República Dominicana, están a visitar a nosa Escola de Arquitectura da man do seu coordinador Jaime Sued.

Na viaxe académica participan profesores da ETSAC que están a impartir os mestrados nas cidades dominicanas de Santo Domingo e Santiago de los Caballeros.

O profesor José Antonio Franco Taboada é o director do Mestrado en Deseño Arquitectónico entre a UDC e a PUCMM.

PUCMM_02