Le Corbusier : Le Cabanon

Xa temos na biblioteca un novo número da colección arquía/documental co título “Le Corbusier : Le Cabanon” que fai o número 22 desta colección.
Este documental conta a historia da cabana de madeira que Le Corbusier debuxou, en corenta e cinco minutos, á súa esposa Yvonne, como agasallo de aniversario. Ocorreu un 30 de decembro de 1951 en Roquebrune-Cap Martin (Francia), estando no merendero “L’étoile de mer”, sobre o que apoiaría unha das paredes da súa nova habitación, fiel ao Modulor.