DAVID PINTOR, PREMIADO EN CERTAME ASIÁTICO

A ETSAC congratúlase de anunciar que o ilustrador e antiguo alumno desta Escola, David Pintor ven de recibir un novo premio.
As ilustracións de Davida fan parte do libro Gulliver Travels, da editorial coreana Agaworld, que en España edita Bululú , e resultaron galardonadas cun dos premios especiais do xuri do Concurso internacional de ilustración Nami island, en Corea do Sur.
Foron máis de 600 propostas de ilustradores dos 5 continentes as que participaron no certamen.

Podes coñecer o magnífico traballo de David, aqui http://davidpintor.blogspot.com.es/