Mosaico Bauhaus de Historia da Arquitectura 2

 

Mosaico Bauhaus amosa unha selección de imaxes pertencentes aos traballos de Historia da Arquitectura 2. Desde a materia quixemos participar da celebración do centenario da Bauhaus situándoa como eixo temático do curso. Na docencia interactiva, cada grupo de estudantes escolleu e analizou un caso de estudo vinculado á Bauhaus, do que se recolle neste mosaico colectivo unha imaxe significativa, dando lugar a múltiples relacións e conexións con outros casos.

Máis información: https://mosaicobauhaus.wordpress.com/