Publicación do libro Kaya Clínica

 

Este 17 de outubro, día mundial para a erradicación da pobreza ven de se facer público o libro colectivo “KAYA CLÍNICA: UNHA EXPERIENCIA UNIVERSITARIA DE APRENDIZAXE-SERVIZO PARA A ABORDAXE ALTERNATIVA DO DEREITO A TEITO”.
Recolle o resultado de tres anos de traballo nun barrio autoproducido de Maputo. O libro ofrece as colaboracións de moitas das persoas que estiveron a traballar no proxecto de cooperación universitaria ao desenvolvemento e innovación educativa das  dúas universidades implicadas: a Universidade Eduardo Mondlane de Mozambique e Universidade da Coruña, con alto protagonismo da ETSAC.

O proxecto foi apoiado pola Agencia Española de Cooperación al Desarrollo.

Está dispoñible no repositorio da UDC: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/20931