Promoción ETSAC 2013-18: acto de graduación na Maestranza

 

O sábado 21 de xuño celebrouse no paraninfo da Maestranza da Coruña a graduación dunha nova promoción da ETSAC, a 2013-18. O acto foi presidido polo reitor da UDC, Xulio Abalde, e polo director da ETSAC, Fernando Agrasar, que estiveron acompañados da secretaria do centro, a profesora  M. Victoria Otero Piñeiro

A promoción 2013-18 contou, como padriños, cos profesores Fernando Agrasar, Miguel Abelleira e Óscar Pedrós.

Parabéns a todos os alumnos e ás súas familias!