Xornada Hai Arquitectas

 

Xornada Hai Arquitectas organizada polo COAG: Xornada aberta para reflexionar sobre o pasado, presente e futuro das mulleres na arquitectura e dar a coñecer a súa realidade. A xornada articúlase en tres mesas redondas nas que participarán un total de 19 arquitectas, que aportarán a súa visión e experiencias en diferentes momentos e diferentes ámbitos da profesión.

Entre as ponentes figuran docentes e arquitectas egresadas da ETSAC: Pascuala Campos, Amparo Casares,  Paula Fernández-Gago, Cristina García, Miriam Goluboff, Mónica Mesejo, Luz Paz e Inés Pernas…

Cando: venres 11 de maio, 10:00-19:00h

Onde: Centro de Estudos Avanzados, Santiago de Compostela

Máis información: http://portal.coag.es/coag/xornada-hai-arquitectas-hay-arquitectas/