RAGBA: palestra do profesor Celestino García Braña en torno ao construtivismo

 

A Real Academia Galega de Belas Artes reanuda a partir da vindeira semana o ciclo “Martes das Artes” cunha serie de conferencias sobre a arte da Revolución Soviética baixo o título “Ciclo Construtivismo”.

A sexta conferencia “Arquitecturas Construtivistas” terá lugar o vindeiro martes 12 de decembro ás 20:00h e será impartida por Celestino García Braña, profesor da ETSAC e académico de número da Sección de Arquitectura.

Nesta palestra farase un amplo percorrido polas ideas, arquitectos e edificios máis significativos do construtivismo.