Egresada da ETSAC gaña o concurso para terminal de pasaxeiros en Punta Arenas (Chile)

 

Susana López Varela, arquitecta egresada da ETSAC no ano 2005, ven de gañar o Concurso Internacional para a Terminal de Pasaxeiros de Puerto de Magallanes, Punta Arenas (Chile). O traballo foi asinado por un equipo liderado pola arquitecta Cecilia Puga (3 arquitectos e 2 urbanistas).

Como resposta á enorme demanda turística que o Porto de Punta Arenas esta tendo nos últimos anos, a Empresa Portuaria Austral contemplou a construción dun novo Terminal Internacional de Pasaxeiros que respondera aos requerimentos e estándares internacionais actuais e funcionara como nova porta de entrada ao territorio antártico. Esta actuación arquitectónica ven acompañada da realización dun Plan Maestro que teña como vocación abrir o recinto portuario de Punta Arenas, a través da mellora no deseño urbano do seu frente marítimo, da creación dun novo paseo borde-mar, implementando novos programas que revitalicen este sector da cidade.

Na actualidade, Susana combina o traballo de consultora urbana (con diferentes concellos ou estudos de arquitectura) co académico (impartindo aulas de urbanismo e paisaxismo en dúas universidades chilenas: a Diego Portales e a Andrés Bello).

Os nosos parabéns!!!

Máis información: http://www.plataformaurbana.cl/archive/2017/01/18/terminal-internacional-de-pasajeros-puerto-de-magallanes-resultados-del-concurso-de-diseno/