Seminario “Retos da cooperación ao desenvolvemento. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”

O próximo día 26 de outubro, en horario de 16.00 a 20.00 horas celebrarase no salón de graos da Facultade de Dereitodo campus de Elviña o seminario “Retos da cooperación ao desenvolvemento. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”. Este seminario enmárcase dentro das actividades previstas no convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as universidades galegas para a consolidación da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento, creada en 2014.
O seminario será impartido polo profesor José Antonio Alonso, catedrático de Economía Aplicada da Universidad Complutense de Madrid. O profesor Alonso é, dende 2006, vocal experto do Comité para Politicas de Desenvolvemento das Nacións Unidas e membro, dende 2005, do Consejo Asesor de Cooperación al Desarrollo, Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. José Antonio Alonso está especializado en crecemento e desenvolvemento e relacións económicas internacionais, dirixindo o Master de Cooperación ao Desenvolvemento e Axuda Internacional da UCM.