Premio de investigación da Deputación de Pontevedra para un egresado ETSAC

deputación pontevedra_1

 

Jorge Enríquez Méndez, arquitecto egresado e alumno de doutoramento da ETSAC, premio investigación Deputación de Pontevedra, categoría novos investigadores.

Traballo presentado: “Arquitectura comunitaria como transformación de procesos sociais. O caso da Fraga”, corresponde á fase de investigación inicial do seu PFC, dirixido polo profesor da ETSAC Enrique M. Blanco.

Descrición: A investigación levada a cabo xira sobre a vida comunitaria de pequenas agrupacións de poboación na xeografía galega. O obxectivo deste traballo é acercar a arquitectura á sociedade e amosar, como a través de pequenas intervencións arquitectónicas, combinadas cun diálogo entre as diferentes partes, se pode chegar a conseguir incríbles resultados.

Parabéns ao gañador!

Máis información: http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-entregados-os-premios-provinciais-a-investigacion-2015

 

deputación pontevedra_2