Exposición/Exhibition na/at ETSAC: Studies for sheltering refugees at A Coruña´s Atocha barracks

refugees_1

Inauguración da exposición STUDIES FOR SHELTERING REFUGEES AT A CORUÑA´S ATOCHA BARRACKS na biblioteca da ETSAC, hoxe 20 de xuño de 2016 Día Mundial dos Refuxiados.
Esta exposición recolle os resultados dunha experiencia académica desenvolta no grupo E (Inglés) da materia Análise Arquitectónica na que estudantes e profesores, Plácido Lizancos e Evaristo Zas, traballaron no suposto de acoller persoas en necesidade de refuxio nun edificio emblemático do centro da cidade da Coruña: o cuartel de Atocha.
O resultado do traballo que aquí se amosa non é un obxecto arquitectónico -cousa que non se pretendía- senón unha escolma dos elementos gráficos que foron empregados no proceso de reflexión e análise sobre as estratexias funcionais, espaciais e topolóxicas -en definitiva ferramentas arquitectónicas- necesarias para mellor aloxar ás persoas refuxiadas e facilitarllelo proceso de inserción entre nós.
Esta expo inaugurase coincidindo co desenvolvemento na ETSAC do curso de verán Refuxiados e desprazados internos. Solucións de aloxamento.
Coordinación: Plácido Lizancos
Máis información:
refugees_2