Profesor da ETSAC invitado nun jury da ETH de Zürich

eth_1

A Escola de Arquitectura da Universidade Politécnica Federal de Zürich ETH ven de celebrar na segunda semana de Decembro os xurados de valoración dos proxectos finais das súas diferentes cátedras de Deseño Arquitectónico. Unha delas, o URBAN THINK TANK, UTT, focado nos asuntos sociais da arquitectura e do deseño urbano invitou ao profesor da ETSAC Plácido Lizancos a formar parte do seu jury.

Esta acción correspóndese coa presenza da cátedra UTT nun seminario celebrado o ano 2014 na ETSAC  que tivera por obxectivo o estudo algúns dos máis recentes traballos académicos daquela cátedra: a mellora de barrios informais en Cape Town e a proposta de intervención na Torre David en Caracas, pola que Urban Think Tank obtivera o León de Ouro na Bienal de Venecia de 2014.

Máis información: http://u-tt.arch.ethz.ch/