Reflexións sobre a desaparición da casa en Reza

 

 

Mani Moretón Brasa

 

 

A dirección da ETSAC da Coruña respecto ao coñecido proceso de demolición dunha vivenda unifamiliar en Reza, Ourense – ver www.coag.es e https://www.change.org/(petición pública) – , construída en 1993 polo noso compañeiro e profesor de Proxectos Fernando Blanco Guerra, e cuxo completo derribo e absoluta desaparición producirse o 23 de xuño de 2015.

Quere expresar a súa profunda  decepción polo final da vivenda, levado a cabo con rapidez, privando a unha familia do seu ben primario e a unha sociedade, a nosa, dunha obra esmerada e encaixada exemplarmente na escea rural- urbana de Galicia.

Perdemos as súas cualidades de integración na ladeira norte do fermoso val do Miño á saída da cidade de Ourense pola súa sección, composta desde unha tipoloxía escalonada exemplar para a circunstancia física de núcleos rurais periurbanos de topografía accidentada como é Reza.

A casa que Fernando Blanco proxectou poseía un valor propio como arquitectura residencial contemporánea, ao facer do seu podio de granito albergue de dormitorios para obter unha planta alta diáfana que contén as zonas sociais da vivenda, cociña, comedor, e gran sala que contén un fermoso fogar de aceiro obra do escultor ourensán Luis Borrajo.

Cómpre unha reflexión de todos sobre o control urbanístico das nosas cidades e territorio, e o valor patrimonial de obras de excelencia.

 

Mani Moretón Brasa

Mani Moretón Brasa