EAAE: eventos da European Association for Architectural Education

EAAE_2

A European Association for Architectural Education (EAAE) é a asociación que aglutina a todas as Escolas de Arquitectura de Europa dende 1975. A ETSAC é membro da EAAE dende 2007.

As actividades que organiza durante o ano son múltiples e variadas, salientando a organización de congresos, xornadas e obradoiros, así como a promoción de actividades organizadas por calquera dos seus membros, como por exemplo o próximo concurso “Historical Meets Contemporary” destinado a estudantes de Arquitectura co obxecto de redeseñar un dos edificios senlleiros do Art Nouveau de Riga que é patrimonio da UNESCO.

Máis información:
Dese evento e outros moitos na web da asociación: www.eaae.be