Novos arquitectos ETSAC 2016: acto académico + palestra

Cuando:
10 Febreiro, 2017 a las 12:00
2017-02-10T12:00:00+01:00
2017-02-10T12:15:00+01:00
Donde:
Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

O vindeiro venres 10 de febreiro celebraremos por terceira vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2016, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, Fernando Agrasar, director da ETSAC, e Antonio Maroño, decano do COAG.

Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra dos nosos convidados, nesta ocasión aceboXalonso. Os arquitectos VICTORIA ACEBO e ÁNGEL ALONSO recollen o relevo do catalán Toni Gironés e do portugués Joao Mendes Ribeiro.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2016, mentras escoitamos ao dúo de jazz Pablo Añón e Rubén Deschamps.

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

Estades todos convidados!