Cartografías textís: exposición, obradoiro e palestra de Rosario Belda

Cuando:
20 Abril, 2017 a las 12:00 – 9 Xuño, 2017 a las 23:00
2017-04-20T12:00:00+02:00
2017-06-09T23:00:00+02:00
Donde:
Palestra: salón de actos. Obradoiro: aula 2.10. Exposición: espazo expositivo andar 0

 

CARTOGRAFÍAS TEXTÍS é un proxecto artístico que Rosario Belda brinda á comunidade universitaria, consistente nunha palestra sobre a súa obra, unha exposición que recolle cinco dos seus traballos (Betanzos, A Foz, Yerbabuena, Báltico e Grassy) e un obradoiro aberto á participación de alumnos e docentes da ETSAC e doutras facultades da UDC.

As súas cartografías textís son unha forma de interpretar a realidade, mapas reinventados con teas e fíos. Os resultados finais son visións persoais e creativas do lugar.

Rosario Belda parte da experiencia sensorial, tan usada durante a súa carreira como profesora, para crear mapas textís. A súa formación artística foi e é autodidacta, baseada nos seus intereses e no momento.

 

ABERTA INSCRIPCIÓN para o OBRADOIRO que se fará, por rigoroso orde de chegada, na dirección da ETSAC. O número de prazas está limitado a 15 persoas. A inscripción para o obradoiro é de balde. Os interesados levarán computadora persoal e materiais textís para compartir.

 

Datas e lugares:

-Palestra: xoves 20 de abril de 2017, ás 12:00h, no salón de actos da ETSAC

-Obradoiro: mércores e xoves, 03 e 04 de maio de 2017, 16:00h-19:30h, aula 2.10 ETSAC

-Exposición: inauguración 20 de abril de 2017, ás 12:00h

 

Máis información:

https://beldabelda.wordpress.com/category/textiles/

https://beldabelda.wordpress.com/category/mapas/