2ª sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana: ‘Xestión Social do Hábitat’

When:
24 Abril, 2015 @ 10:30 – 18:00
2015-04-24T10:30:00+00:00
2015-04-24T18:00:00+00:00
Where:
Salón de Actos ETSAC
2ª sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana: 'Xestión Social do Hábitat' @ Salón de Actos ETSAC
O próximo venres 24 de abril a partir das 10:30 horas na Escola de Arquitectura da Coruña, terá lugar a segunda sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana do 2015, baixo o título ‘Xestión Social do Hábitat’.A asistencia é libre, as inscricións son gratuítas e darán acceso a un certificado de asistencia e ao correspondente recoñecemento de créditos de libre elección por parte da Universidade da Coruña para aquelas persoas que asistan ao 75% das sesións (en tramitación). Estarán abertas ata o día 24 de Abril antes das 12:00h e pódense realizar a través do seguinte formulario.

Participarán:

10:30 horas

MARTA FONSECA – COL·LECTIU PUNT 6
VIDA COTIÁ E MOBILIDADE
Arquitecta pola Universidade Nacional de Medellín, Colombia. Dende 1991, colabora na redacción de proxectos arquitectónicos en Barcelona. É docente do curso ‘La casa sin género‘ no Máster ‘Laboratorio de la Vivienda del siglo XXI‘ da UPC – Universidade Politécnica de Catalunya e no curso ‘Planificando ciudades con ojos de mujeres: urbanismo y género‘ na Escola da Muller.
Dende 2005, traballa co Col·lectiu Punt 6, grupo multidisciplinar formado por Roser Casanovas, Adriana Ciocoletto, Zaida Muxí, Sara Ortíz e Blanca Gutiérrez, na implementación e aplicación da perspectiva de xénero no proxecto arquitectónico e urbano en diversos ámbitos: participación, formación, reivindicación e investigación.
+ Información: www.punt6.org

12 horas

ANA GALLEGO
TALLER DE ARQUITECTURA TÁCTIL; CORPO E ESPAZO
Arquitecta especialista en urbanismo pola ETSAC en 2003 e con posgrados en ‘Programa internacional de arquitectura‘ da Escola TKK de Helsinki e ‘Arquitectura efímera: arquitectura y artesania‘ da ETSAB. Actualmente imparte un obradoiro de arquitectura para grupos infantiles de altas capacidades intelectuais, no marco dun proxecto iniciativa do Departamento de Psicoloxía evolutiva da Facultade de Ciencias da Educación da USC e se atopa elaborando unha tese doctoral sobre ‘Fenomenoloxía e paisaxe‘. Forma parte do grupo de investigación Persona-Ambiente do Departamento de Psicoloxía da Unviersidade de A Coruña.
16:30 horas
JOANA COVELO + IAGO VALVERDE
SE FALARA O MONTE
Joana é arquitecta pola ETSAC en 2012, e complementou o seus estudos con becas en Palermo e Rio de Janeiro. En 2013 desenvolveu o seu primeiro proxecto en Vincios, ‘Cartografías Sensibles‘, e a finais de ese mismo ano é becada para facer unha investigación na Universidade Roma Tre. Actualmente traballa no estudo Castroferro (Vigo).
Iago Valverde, estudante de arquitectura na ETSAC. Dende 2012 colabora activamente en arquitecturadegalicia.eu, un proxecto de divulgación de arquitectura contemporánea, e en 2013 forma parte doproxecto ‘Cartografías Sensibles‘.
Haberá streaming de vídeo en directo: