{"id":31802,"date":"2022-09-25T13:26:16","date_gmt":"2022-09-25T11:26:16","guid":{"rendered":"http:\/\/etsa.udc.es\/web\/?p=31802"},"modified":"2022-09-25T13:26:16","modified_gmt":"2022-09-25T11:26:16","slug":"proposicion-do-arquitecto-pedro-de-llano-aos-premios-da-cultura-galega-2022-na-modalidade-de-patrimonio-cultural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/?p=31802","title":{"rendered":"Proposici\u00f3n do arquitecto Pedro de Llano aos Premios da Cultura Galega 2022 na modalidade de Patrimonio Cultural"},"content":{"rendered":"<p class=\"x_elementToProof\">O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Escola T\u00e9cnica Superior de Arquitectura da Coru\u00f1a (ETSAC) da Universidade da Coru\u00f1a presentan a candidatura do arquitecto e Catedr\u00e1tico\u00a0Pedro de Llano Cabado\u00a0aos\u00a0Premios da Cultura Galega 2022\u00a0na modalidade de\u00a0Patrimonio Cultural. Esta candidatura forma parte das acci\u00f3ns conxuntas postas en marcha por ambas entidades.<\/p>\n<p>Pedro de Llano Cabado (A Coru\u00f1a, 1947) \u00e9 un arquitecto que dedicou toda a s\u00faa vida profesional ao estudo e conservaci\u00f3n da arquitectura popular e ao patrimonio cultural de Galicia, as\u00ed como a s\u00faa relaci\u00f3n coa arquitectura contempor\u00e1nea, fomentando a s\u00faa difusi\u00f3n a trav\u00e9s das s\u00faas obras arquitect\u00f3nicas, artigos, libros, exposici\u00f3ns e o seu labor como catedr\u00e1tico e docente na ETSAC, actualmente xa xubilado.<\/p>\n<p>Segundo reza a proposta da candidatura, Pedro de Llano estudou arquitectura en Madrid nunha \u00e9poca marcada pola gran convulsi\u00f3n social dos \u00faltimos anos do franquismo, o que lle imprimiu unha pegada de gran compromiso e reivindicaci\u00f3n do papel da cultura no pa\u00eds. Xa retornado a Galicia a finais dos anos 70, de Llano inicia a s\u00faa actividade profesional en Santiago, ocupaci\u00f3n que comparte coas s\u00faas actividades pol\u00edticas e sociais para contribu\u00edr \u00e1 consolidaci\u00f3n dos valores democr\u00e1ticos e a recuperaci\u00f3n da identidade galega.<\/p>\n<p>O seu achegamento \u00e1 arquitectura popular de Galicia comezou cun amplo estudo de investigaci\u00f3n realizado entre os anos 1974 e 1980, que ve a luz a trav\u00e9s dos dous tomos que conforman o libro\u00a0\u201cArquitectura Popular de Galicia\u201d, editado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia entre 1981 e 1983 e reeditado en 2019, obra indispensable que demostra que as arquitecturas vern\u00e1culas son fonte de co\u00f1ecemento e aprendizaxe para os mestres da arquitectura contempor\u00e1nea e que non se deben deixar de mirar a estas modestas arquitecturas como depositarias de sabedor\u00edas milenarias. En definitiva, esta publicaci\u00f3n supuxo unha primeira catalogaci\u00f3n das distintas construci\u00f3ns an\u00f3nimas en cinco grandes grupos: arquitectura dom\u00e9stica, do territorio, agr\u00edcola, comunal e especializada.<\/p>\n<p>\u201cA s\u00faa preocupaci\u00f3n por reivindicar o protagonismo cultural da arquitectura popular, levouno a percorrer Galicia de parte a parte, na procura de achegarse \u00e1 nosa arquitectura popular mediante a visi\u00f3n dos seus creadores e poder chegar a comprender a raz\u00f3n de\u00a0<em>por que na nosa terra a relaci\u00f3n entre o home e o medio aparece como algo natural e permanente<\/em>\u201d \u2013explican as entidades propo\u00f1entes da candidatura\u2013.<\/p>\n<p>Este estudo vese completado con outros realizados ao longo dos anos: \u201cPiornedo: Estudo b\u00e1sico para a rehabilitaci\u00f3n integrada dunha aldea galega\u201d, \u201cArquitecturas do mar\u201d, \u201cArquitectura popular en Galicia: raz\u00f3n e construci\u00f3n\u201d, \u201cO mui\u00f1o de mar da Seca\u201d, \u201cAs construci\u00f3ns vern\u00e1culas como esencial lecci\u00f3n de racionalidade para unha innovadora arquitectura\u201d ou \u201cArquitectura popular en Galicia: a casa mari\u00f1eira, a casa das agras, a casa do vi\u00f1o, as construci\u00f3ns adxectivas\u201d, as\u00ed como a publicaci\u00f3n \u201cAlejandro de la Sota, o nacemento dunha arquitectura\u201d xunto a diferentes ensaios sobre distintos temas de arquitectura.<\/p>\n<p>\u201cPo\u00f1emos de manifesto a valiosa aportaci\u00f3n que para a cultura do noso pa\u00eds sup\u00f3n a obra de Pedro de Llano, desenvolta nos \u00e1mbitos da docencia, a investigaci\u00f3n, a divulgaci\u00f3n e a s\u00faa pr\u00e1ctica profesional. Desexamos que a realidade social e cultural do noso pa\u00eds nos brinde a posibilidade de reco\u00f1ecer a enorme aportaci\u00f3n das obras xurdidas do esp\u00edrito creador de Pedro de Llano na defensa e posta en valor do noso patrimonio cultural, agardando que a s\u00faa semente, xunto coas doutros creadores, nos fagan desexar mellores espazos nos que desenvolver as nosas vidas\u201d \u2013apuntan o COAG e a ETSAC\u2013.<\/p>\n<p>Entre as s\u00faas obras de rehabilitaci\u00f3n, destacan o Pazo de Raxoi para a localizaci\u00f3n da sede do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela) que recibiu un Premio COAG, ou o proxecto de rehabilitaci\u00f3n integrada da aldea de Piornedo de Ancares e o seu contorno que foi merecedor do Premio da Cr\u00edtica de Galicia en 1982. Este proxecto de rehabilitaci\u00f3n foi posto en marcha xunto aos arquitectos Pl\u00e1cido Lizancos e Alfonso Salgado, e nel abord\u00e1base unha completa intervenci\u00f3n arquitect\u00f3nica destinada a conseguir a posta en valor deste n\u00facleo rural de grande interese cultural. Foron doce anos de proxectos nos que se rehabilitaron h\u00f3rreos, vivendas e pallozas, \u201cpero incomprensiblemente as obras foron paralizadas en 2021 por unha inxustificada e inxustificable decisi\u00f3n da administraci\u00f3n\u201d, aseguran o COAG e a ETSAC.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n Pedro de Llano foi comisario de mostras como \u201c\u00c1lvaro Siza, obras e proxectos\u201d, \u201cLe Corbusier, viaxe ao mundo dun creador a trav\u00e9s de 20 arquitecturas\u201d ou \u201cHolanda 2001\u201d, participando, ademais, en distintas experiencias ligadas ao mundo das artes pl\u00e1sticas como as comprendidas pola s\u00faa colaboraci\u00f3n co artista Dan Graham na realizaci\u00f3n de distintos pavill\u00f3ns.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignnone size-large wp-image-31803\" src=\"http:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/PedroDeLlano_3-480x300.jpg\" alt=\"\" width=\"480\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/PedroDeLlano_3-480x300.jpg 480w, https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/PedroDeLlano_3-168x105.jpg 168w, https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/PedroDeLlano_3-768x480.jpg 768w, https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/PedroDeLlano_3-1536x960.jpg 1536w, https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/PedroDeLlano_3.jpg 1593w\" sizes=\"(max-width: 480px) 100vw, 480px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Escola T\u00e9cnica Superior de Arquitectura da Coru\u00f1a (ETSAC) da Universidade da Coru\u00f1a presentan a candidatura do arquitecto e Catedr\u00e1tico\u00a0Pedro de Llano [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":389,"featured_media":31803,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/31802"}],"collection":[{"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/389"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=31802"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/31802\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31804,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/31802\/revisions\/31804"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/31803"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=31802"}],"wp:term":[{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=31802"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}