{"id":29638,"date":"2020-12-13T00:46:34","date_gmt":"2020-12-12T23:46:34","guid":{"rendered":"http:\/\/etsa.udc.es\/web\/?p=29638"},"modified":"2020-12-13T00:47:47","modified_gmt":"2020-12-12T23:47:47","slug":"29638","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/?p=29638","title":{"rendered":"O equipo do profesor Carlos Pita ga\u00f1a o concurso para rehabilitar a F\u00e1brica de Armas"},"content":{"rendered":"<p>O equipo do profesor Carlos Pita ga\u00f1a o concurso para rehabilitar a F\u00e1brica de Armas como Cidade das TIC, as\u00ed como o proxecto do primeiro edificio que se far\u00e1, o Centro de Servizos Avanzados (CSA). O panel de premiados est\u00e1 dominado por profesorado da ETSAC.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-large wp-image-29639\" src=\"http:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/Ganador_AS-FOUND_PANEL-2-scaled-1-620x217.jpg\" alt=\"\" width=\"620\" height=\"217\" srcset=\"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/Ganador_AS-FOUND_PANEL-2-scaled-1-620x217.jpg 620w, https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/Ganador_AS-FOUND_PANEL-2-scaled-1-180x63.jpg 180w, https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/Ganador_AS-FOUND_PANEL-2-scaled-1-768x269.jpg 768w, https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/Ganador_AS-FOUND_PANEL-2-scaled-1-1536x538.jpg 1536w, https:\/\/etsa.udc.es\/web\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/Ganador_AS-FOUND_PANEL-2-scaled-1.jpg 1543w\" sizes=\"auto, (max-width: 620px) 100vw, 620px\" \/><\/p>\n<p>Ao Concurso de proxectos present\u00e1ronse 19 propostas resultando o primeiro premio para a proposta As Found! do equipo do arquitecto e profesor da ETSAC Carlos Pita Abad; o segundo premio foi para o proxecto Motherboard, dos arquitectos Jos\u00e9 Manuel Casabella e Jos\u00e9 Luis Mart\u00ednez Ra\u00eddo, tam\u00e9n profsores da ETSAC; e o terceiro premio acadouno a proposta EGJIA 117, da arquitecta Elisabeth Abalo D\u00edaz. O xurado decidiu dar unha menci\u00f3n especial \u00e1 proposta DOOM 2020 dos arquitectos Irisarri Pi\u00f1eira e Sab\u00edn Blanco, que .<\/p>\n<p>A valoraci\u00f3n arquitect\u00f3nica que o xurado fixo do proxecto ga\u00f1ador para o CSA destaca que \u201cconsiste nunha intervenci\u00f3n respectuosa e sincera, que pon en valor o existente e actual\u00edzao coa inclusi\u00f3n de novas pezas e soluci\u00f3ns que o activan e revitalizan. Val\u00f3rase moi especialmente a nova estrutura de madeira que se insire no patio central, sen que supo\u00f1a un obst\u00e1culo sen\u00f3n m\u00e1is ben un acontecemento. O resto dos espazos son flu\u00eddos e funcionais. Proposta moi posibilista e economicamente viable\u201d. Sobre a cualificaci\u00f3n espacial e funcional\u00a0da parcela, recolle a acta do xurado que se \u201cutiliza o concepto do lema \u201cAs found\u201d para elaborar unha metodolox\u00eda de intervenci\u00f3n a todos os niveis, cun resultado moi ordenado e preciso, que equilibra con acerto os espazos libres e as zonas constru\u00eddas\u201d.<\/p>\n<p>A ordenaci\u00f3n da parcela prop\u00f3n \u201ca creaci\u00f3n dun gran parque urbano onde se lea con facilidade a vella estrutura da F\u00e1brica de Armas e como esta se convirte na Cidade das TIC, nun lugar de car\u00e1cter, amable, acolledor e m\u00e1is humano\u201d.<\/p>\n<p>Sobre o CSA, a primeira das naves que se rehabilitar\u00e1, proponse unha construci\u00f3n de 2.627 metros cadrados entre a planta baixa e a entreplanta destinados a empresas TIC; e 2.069 metros cadrados para laboratorios, aulas e zonas com\u00fans (cafeter\u00eda, espazos de traballo informais, instalaci\u00f3ns&#8230;). O proxecto prop\u00f3n a potenciaci\u00f3n da tipolox\u00eda basilical do edificio coa introduci\u00f3n dunha nova construci\u00f3n de madeira de 440 metros cadrados, destinado a aulas, coworking, cafeter\u00eda e espazo informal.<\/p>\n<p>O xurado, presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde, estaba formado por Miguel Abelleira, arquitecto designado pola Sociedade Centro de Servizos Avanzados Cidade das TIC; Crist\u00f3bal Crespo, arquitecto designado pola Escola T\u00e9cnica Superior de Arquitectura da Coru\u00f1a; Amparo Casares, arquitecta e vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade da UDC; Antonio Raya, arquitecto e adxunto da Vicerreitor\u00eda de Infraestruturas e Sustentabilidade da UDC; \u00c1lvaro Fern\u00e1ndez, arquitecto representante das empresas socias da Sociedade Centro de Servizos Avanzados Cidade das TIC; Antonio Rodr\u00edguez del Corral, representante da Sociedade Centro de Servizos Avanzados Cidade das TIC; Leoncio Touceda, representante da Sociedade Centro de Servizos Avanzados Cidade das TIC; e Bernardo Lage, xefe do Servizo de Arquitectura da UDC, como secretario.<\/p>\n<p>Parab\u00e9ns aos premiados e premiadas!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O equipo do profesor Carlos Pita ga\u00f1a o concurso para rehabilitar a F\u00e1brica de Armas como Cidade das TIC, as\u00ed como o proxecto do primeiro edificio que se far\u00e1, o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":389,"featured_media":29639,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"tags":[],"class_list":["post-29638","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-principal"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/29638","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/389"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=29638"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/29638\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29641,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/29638\/revisions\/29641"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/29639"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=29638"}],"wp:term":[{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/etsa.udc.es\/web\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=29638"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}