Inicio das actividades académicas luns 10.09.2018
-
- Calendario académico 2018-2019
- B1G-B2G-B2M Horarios curso académico 2018-2019 (20.09.2018)
- Resolución de cambios de grupo (27.09.2018)
- Asignación de grupos de docencia (09.08.2018) Formulario solicitud cambio de grupo (prazo finalizado) (ver normativa)
- NOVO B1G – B2G – B2M Exames curso académico 2018-19 (03.10.2018)
- B2G Traballo Fin de Grao
- Titorias do centro por docente
- Guías Docentes ETSAC
16:00h. “Ferramentas dixitais de apoio ao PFC” José Antonio Vázquez Rodríguez
Resumen da presentación e documentos de axuda (solo dominio UDC).

Conferencia: Contexto Guatemala, dereito a un hábitat digno
Impartida por Arquitectura sen Fronteiras (ASF)
Será proxectado o vídeo: “El derecho a un Techito”, que mostra o traballo de Arquitectura sen Fronteiras en Guatemala durante os últimos 20 anos
A conferencia está aberta a toda a comunidade universitaria da UDC
SALÓN DE ACTOS
Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura na Aula 4.IV.A da cuarta planta da ETSAC as 12:00h. do venres 21.09.2018
Tribunal:
Presidente: Joaquín Fernández Madrid
Vogal: Emma López Bahut
Secretaria: Luz Paz Agras
A dirección do centro, A Coruña, 05.09.2018
Extinguida a Titulación de Arquitecto, desde a dirección da escola, convocamos aos alumnos desta titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co seu itinerario para a finalización de estudos.
- Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao
- Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster
Día: Miércoles 3 de octubre de 2018
Lugar: Salón de Actos. ETSAC
Hora: 18:00
Resolveranse tamén as dúbidas sobre os temas de TFG, a organización dos talleres de PFM e as datas de defensa do TFG aprobadas na comisión docente do centro o pasado martes 25 de setembro
Alumnos matriculados e/o preinscritos en B1.PFG / B2.TFG / B2.PFM e a todo o alumnados dos últimos cursos das titulaciones da ETSAC
Este curso 2018-19 extinguirase a docencia presencial no quinto curso da titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola ,como adiantamos na anterior reunión celebrada en xulio, convocamos de novo aos alumnos dos últimos cursos destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.
- Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao
- Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao
- Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster
Resolveranse tamén as dúbidas sobre a organización dos talleres, o procedemento de asignación dos mesmos o vindeiro mércores 3 de outubro, e as datas de defensa aprobadas na comisión permanente do centro o pasado mércores 26 de outubro.

Visita técnica a Cidade da Cultura
14 de novembro ás 10:00h
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás (*ver mapa anexo).
Os membros do grupo deberán vestir axeitadamente ao movemento por espazos angostos ou perigosos, sen roupas colgantes nin zapatos de tacón ou de materiais esvaradíos.
Para a todo o alumnado e profesorado de PFC, Grao en Arquitectura, Máster en Arquitectura e Máster en Rehabilitación.

Conferencia PFC: Proxecto Básico. Condicións CTE. Incendios. Seguridades de utilización. Barreiras
José Luis Martínez Raido
Mércores, 21 de novembro de 2018, 16:00 h-18:00 h
Salón de Actos ETSAC
Edificio de Down Coruña, premio del COAG, Emilio Rodríguez y José Luis Martínez,arquitectos. Fotografía: Queiruga/Roller Agencia
Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos e na aula ED.2 do Edificio de Departamentos da ETSAC as 09:00h. do venres 14.12.2018 segundo o seguinte orde:
Inicio das actividades académicas martes 29.01.2019
-
- Calendario académico 2018-2019
- B1G-B2G-B2M 2º cuadrimestre: horarios primeira semana 2018-2019 (21.01.2019)
- B1G-B2G-B2M 2º cuadrimestre: horarios curso académico 2018-2019 (21.01.2019)
- Resolución de cambios de grupo (27.09.2018)
- Asignación de grupos de docencia (09.08.2018)
- B1G – B2G – B2M Exames curso académico 2018-19 (10.06.2019)
- B2G Traballo Fin de Grao
- Titorias do centro por docente
- Guías Docentes ETSAC
O vindeiro venres 01 de febreiro celebraremos por quinta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.
Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada CARME PINÓS http://www.cpinos.com/ baixo o título “Obra recente”.
A arquitecta catalana recolle, nesta ocasión, o relevo do tamén catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro, dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso e da india Anupama Kundoo que disertaron nas anteriores edicións.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2018, mentras escoitamos ao trío de jazz de DANIEL CASARES https://www.danielcasaresmusic.com/
Os nosos parabéns aos novos arquitectos ETSAC de 2018!
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Estades todos convidados.
Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018 cartaz
Conferencia PFC: O Urbanismo no Proxecto Básico e de Execución
Cristina García Fontán
Martes, 12 de febreiro de 2019 16:00 -18:00

Jose María Abellán, arquitecto especialista en tecnoloxías BIM e o director da agrupación de arquitectos BiMMate que centra o seu traballo na utilización do BIM como ferramenta para a redacción de proxectos de arquitectura que tenta elevar o BIM ao seu seguinte nivel evolutivo propoñendo solucións construtivas, fluxos de traballo e desenvolvemento de aplicacións que faciliten aos arquitectos a adopción desta metodoloxía na súa actividade profesional.
Indicen na investigación como principal argumento, fronte aos que asimilan BIM a un mero modelado tridimensional, afastado dos requisitos técnicos e normativos demandados polo colectivo de arquitectos de arquitecto está demanda. A través da web www.bimmate.com, poñen a disposición do colectivo de arquitectos un interesante contido avanzado, un blogue especializado, un foro profesional para resolución de problemas e diversas aplicacións BIM para ampliar as capacidades iniciais do software, como un Xerador de Medicións e Orzamento automático ou un xerador de emprazamentos a través da lectura de diferentes fontes de información xeográfica.