2º Cuadrimestre ETSAC 2017-2018
- Calendario académico 2017-2018
- B1G – B2G Horarios primeira semana 2º cuadrimestre (30.01.2018 actualizada asignación de aulas)
- B1G-B2G-B2M Horarios 2Q curso académico 2017-2018 (30.01.2018 actualizada asignación de aulas)
- B1G – B2G Distribución de grupos de docencia (15.09.2017)
- B1G – B2G – B2M – ARQ Exames curso académico 2017-18 (06.09.2017)
- B2G Traballo Fin de Grao
- Resolución solicitudes cambio de grupo 2017-18
- Titorias do centro por docente
- Guías Docentes ETSAC
Palestra de Susana López Varela sobre Valparaíso H30: estratexias medioambientais fronte a escenarios de risco.
Susana López é egresada pola ETSAC, doutora pola UPC e profesora na Universidade Diego Portales de Chile.
Organiza: Teoría da composición e patrimonio
Cando: mércores 14 de febreiro ás 12:00h
Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

“É fiable o teu programa de cálculo de estruturas?” é o título da palestra que o profesor Iván Cabrera i Fausto, director da Escola de Arquitectura de València, dará na ETSAC.
Cando: mércores 21 de febreiro de 2018, ás 12:30h
Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: Es fiable tu programa de cálculo de estructuras
Palestra de Aitor Almaraz, arquitecto egresado pola ETSAC: “Cuestionando a técnica: espazo, estrutura, madeira e robots”.
Architect
AA Design+Make MArch student
The Architectural Association
London & Hooke Park, Dorset
Cando: xoves 22 de febreiro de 2018, ás 12:30
Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0
Proxectos 3 organiza unha palestra do profesor Xan Casabella sobre a arquitectura do habitar.
Cando: venres 23 de febreiro ás 10:00h
Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: Xan_Casabella_arquitectura-do-habitar_cartaz
Presentación da web do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Cando: mércores 28 de febreiro de 2018, ás 13:00h
Onde: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: DPAUC web inicio Logo 100
Organizamos na escola un taller gratuíto de Animación de proxectos BIM + Realidade Virtual con Lumion o próximo 28 de febreiro ás 16:30. No taller veremos un exemplo paso a paso das vantaxes da visualización arquitectónica co renderizado en tempo real, vídeos, panorámicas 360º en VR, etc. dunha forma moi rápida e fácil.
Obradoiro aberto a toda a comunidade universitaria. O software LUMION e gratuito para centros educativos, estudantes e profesores.
Dentro das actividades desenvolvidas polo taller 07, representantes da empresa Klein Ibérica SAU, especializada en sistemas de portas corredeiras, impartirán unha conferencia na que presentarán os seus produtos e sistemas.
Cando: luns 05 de marzo de 2018, ás 17:00h
Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: Conferencia KLEIN

Conferencias na ETSAC dentro das Xornadas de Bioconstrución OMA-UDC
06 de marzo, Salón de Actos da ETS de Arquitectura (A Zapateira)
- 12:00 h “Outra forma de vivenda: maneiras de habitar respectuosas co entorno e as persoas“
Iria Brandariz, arquitecta en Hábitat Social e Rosalidia Álvarez, arquitecta.
- 13:00 h “Rehabilitación de vivenda fronte ao cambio climático“
Santiago Pintos, arquitecto e profesor do Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da ETSAC-UDC
Deseño estrutural con OPEN BIM: do modelo arquitectónico ao analise estrutural cun motor de cálculo de última xeración. 15 marz0 2018. ETSAC. Aberto a todos os interesados.
StruBIM Analysis ten integrado OpenSees, un motor de cálculo de recoñecido prestixio desenvolvido pola Universidade de California: Berkeley, para realizar cálculos complexos de xeito eficiente.

O vindeiro mércores 21 de marzo de 2018 ás 17:00, realizaremos unha visita á empresa Norvento do arquitecto Francisco Mangado. Coñeceremos o Centro de Innovación Norvento Enerxía, unha contorna de Enerxía Cero, a súa nova sede en Lugo, desconectada da rede eléctrica e 100% renovable.
Atoparémonos á 17:00 na entrada de NORVENTO LUGO:
Edif. CIne – Rúa Ramón Mª Aller Ulloa 23
Pol. As Gándaras
27003 Lugo
+ información: https://www.norvento.com/edificios-de-energia-cero/
A visita está dirixida a todo o alumnado do PFC: titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
O próximo mércores 4 de abril ás 11.30h desenvolverase unha charla coloquio con Beatriz Mato, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
O título da charla é “Pensa en Verde” cara a unha infraestrutura verde, no Salón de Actos da ETSAC.
En resposta á solicitude realizada polos alumnos e atendendo ao carácter cultural do Festival de Arquitectura (FETSAC), adxúntase a organización das clases teóricas dos planos “Grao en Arquitectura” “Grao en Estudos de Arquitectura” e “Máster Universitario en Arquitectura”
Descarga o arquivo en formato PDF
A Dirección da ETSAC
28 EDICIÓN CONCURSO PLADUR
Entrega e presentación de paneis
Luns 23 de abril de 2018.
Entrega: 17:00
Presentación: 17:00 – 19:00
Lugar: Salón de Actos da ETSAC
+ información: https://www.pladur.com/es-es/arquitectos/concursos-premios/Paginas/xxviii-concurso-iberico-soluciones-constructivas-pladur.aspx