Axenda

Dec
11
Lun
PFC (Titulación Arquitecto): procedemento para a formalización da inscripción para a defensa na convocatoria extraordinaria 2017 @ Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA
Dec 11 a las 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC EXTRAORDINARIA 2017 (TITULACIÓN ARQUITECTO)

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
  2. Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto desde o luns 27 de novembro ata o xoves 7 de decembro ás 14:00h

LUNS 11 DE DECEMBRO DE 2017

Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
  • Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor.
  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle: ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Dec
15
Ven
Novos arquitectos ETSAC 2017: acto académico + palestra de Anupama Kundoo @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 15 a las 14:00

 

O vindeiro venres 15 de decembro celebraremos por cuarta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.

Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada ANUPAMA KUNDOO https://www.anupamakundoo.com/ baixo o título “Building knowledge, building community”.

A arquitecta india recolle, nesta ocasión, o relevo do catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro e dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso que disertaron nas anteriores edicións.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2017, mentras escoitamos ao dúo de jazz de Pablo Añón e Rubén Deschamps.

Os nosos parabéns aos 175 novos arquitectos ETSAC de 2017!

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

Estades todos convidados.

Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017 cartaz

Dec
20
Mér
Palestra do profesor Iago Seara sobre tecnoloxías construtivas históricas @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 20 a las 11:30 – 13:00

O profesor Iago Seara Morales dará a palestra “Tecnoloxías Construtivas Históricas: o campanario de San Martiño Pinario e a Catedral de Tui” dentro da materia de Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica do MURA que imparte o profesor Manuel Freire Tellado. O evento está aberto a toda a ETSAC.

Cando: mércores 20 de decembro de 2017, ás 11:30h

Onde: Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

 

Dec
21
Xov
Palestra de Juan Manuel Palerm sobre o premio Carlo Scarpa de xardíns 2017 @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 21 a las 12:00

 

Palestra de Juan Manuel Palerm sobre o International Carlo Scarpa Prize for Gardens 2017, Fondazione Benetton. Nesta edición o premio concedeuse ao Xardín dos Cactus de César Manrique, Lanzarote

Cando: xoves 21 de decembro de 2017, ás 12:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Dec
22
Ven
Casa-estudo para un pintor: presentación e debate @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 22 a las 10:00

 

Presentación-debate de Proxectos 4 en torno á casa-estudo para un pintor coa intervención dos autores Manuel Quintana Martelo, Oscar Cabana e Carlos Maño, xunto a profesores e alumnos da materia.

Cando: venres 22 de decembro de 2017, ás 10:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Xan
3
Mér
Aviso: corte subministración eléctrica por mantemento dos Centros de Transformación
Xan 3 a las 10:30 – 21:00

Dende o Servizo de arquitectura, urbansmo e equipamentos da UDC indícannos os horarios para a realización dos mantementos nos centros de transformación e aproveitamento para probas en carga de grupos electróxenos no nadal de 2017.

03.01.2018. 11:00h. ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA.
03.01.2018. 15:30h. EDIFICIO DEPARTAMENTOS ETSAC

“Durante o corte sería desexable que os centros comprobasen o funcionamento dos ascensores e unha iluminación mínima en pasillos para posibilitar unha evacuación segura en caso de fallo de alimentación eléctrica, notificando aquelas circunstancias que perciban coma anómalas.”

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo de emerxencia.

E recomendable desconectar da rede os equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.

Xan
8
Lun
Luns, 8 de xaneiro, celebración da patroa da escola
Xan 8 todo el día

O luns 8 de xaneiro a Escola e o edificio de departamentos estarán pechados pola celebración da nosa señora de Belén patroa dos arquitectos.

Extracto da páxina web Introdución á Arquitectura por Antonio S. Rio
En el año 1749, la Real Congregación de Nuestra Señora de Belén elabora las Ordenanzas para el mejor regimiento y seguridad de las obras y edificios del Reino. En esas Ordenanzas queda la Congregación con la potestad exclusiva de examinar y otorgar los títulos de Arquitecto, estableciendo las disciplinas y conocimientos necesarios y derivando con el paso del tiempo en lo que hoy conocemos como Colegios Profesionales de Arquitectos. A petición de los mismos, Nuestra Señora de Belén en su Huída a Egipto fue confirmada y declarada Patrona de todos los Arquitectos de España por el Papa Pío XII en septiembre de 1949.”
Feb
2
Ven
PFC (Titulación Arquitecto): procedemento para a formalización da inscripción para a defensa na convocatoria DEC 2017 @ Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA
Feb 2 a las 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC DEC 2017 (TITULACIÓN ARQUITECTO)

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
  2. Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 31 de xaneiro ás 14:00h

VENRES 2 DE FEBREIRO DE 2018
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.

Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor

DOCUMENTACIÓN PFC

LUNS 5 DE FEBREIRO DE 2018
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
    ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Feb
7
Mér
Conferencia PFC: “Revelando contornas dixitais”. José Antonio Vázquez Rodríguez @ Salón de Actos. PFC
Feb 7 a las 16:00 – 19:00
Conferencia PFC:  “Revelando contornas dixitais”. José Antonio Vázquez Rodríguez @ Salón de Actos. PFC

CONFERENCIA PFC:

“Revelando contornas dixitais”. Optimización dos espazos de traballo para o desenvolvemento do Proxecto Fin de Carreira.

José Antonio Vázquez Rodríguez

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 7 de febreiro de 2018       16:00 h-19:00 h

Aconséllase asistir con portátil, a conferencia completarase con práctica no Laboratorio de Deseño Asistido

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Feb
14
Mér
Palestra de Susana López Varela sobre Valparaíso H30: estratexias medioambientais fronte a escenarios de risco @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 14 a las 12:00

 

Palestra de Susana López Varela sobre Valparaíso H30: estratexias medioambientais fronte a escenarios de risco.

Susana López é egresada pola ETSAC, doutora pola UPC e profesora na Universidade Diego Portales de Chile.

Organiza: Teoría da composición e patrimonio

Cando: mércores 14 de febreiro ás 12:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Conferencia PFC: “Poética e eficiencia”. Amparo Casares Gallego @ Salón de Actos. PFC
Feb 14 a las 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: “Poética e eficiencia”. Amparo Casares Gallego @ Salón de Actos. PFC

CONFERENCIA PFC:

“Poética e eficiencia”. Revelando algúns misterios do Proxecto Fin de Carreira.

Amparo Casares Gallego

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 14 de febreiro de 2018       16:00 h-18:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Feb
15
Xov
Lectura da tese de doutoramento de María Marta Vilas Rodríguez @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Feb 15 a las 16:30

 

Lectura da tese de doutoramento de María Marta Vilas Rodríguez con título: “Arquitectura parroquial e desenvolvemento urbano. Vigo, século XX”

Director da tese: Esteban Fernández Cobián

Data: xoves 15 de febreiro de 2018, ás 16:30h

Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC

Feb
19
Lun
Curso práctico de formación “CYPELECT REBT Baja Tensión” @ Aula 3 do Laboratorio de Deseño Asistido. 5ª planta ETSAC
Feb 19 a las 16:00 – Feb 20 a las 15:30
Integrado no acordo que a nosa escola mantén coa empresa Cype Enxeñeiros para a dispoñibilidade do software integrado baixo licénciaa Campus, os próximos 19 e 20 de febreiro celebrarase na ETSAC a acción formativa “Curso práctico CYPELEC REBT baixa tensión
Serán 8 horas de formación impartida polo enxeñeiro de Cype Julio Martínez Leandro en horario de 16:00 a 20:00 e de 9:30 a 13:30.
O curso é gratuíto e está aberto a todos os estudantes e profesores dos centros da UDC que participan no convenio “Licencia Campus”
Feb
21
Mér
Palestra de Iván Cabrera: É fiable o teu programa de cálculo de estruturas? @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 21 a las 12:30

 

“É fiable o teu programa de cálculo de estruturas?” é  o título da palestra que o profesor Iván Cabrera i Fausto, director da Escola de Arquitectura de València, dará na ETSAC.

Cando: mércores 21 de febreiro de 2018, ás 12:30h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Máis información: Es fiable tu programa de cálculo de estructuras

Conferencia PFC: “Excavacións e cimentacións”. Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. PFC
Feb 21 a las 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: “Excavacións e cimentacións”. Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. PFC

CONFERENCIA PFC:

“Excavacións e cimentacións”

Juan Pérez Valcárcel

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 21 de febrero de 2018       16:00 h-18:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Feb
22
Xov
Palestra de Aitor Almaraz: Cuestionando a técnica. Espazo, estrutura, madeira e robots @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 22 a las 12:30

Palestra de Aitor Almaraz, arquitecto egresado pola ETSAC: “Cuestionando a técnica: espazo, estrutura, madeira e robots”.

Architect
AA Design+Make MArch student

The Architectural Association
London & Hooke Park, Dorset

Cando: xoves 22 de febreiro de 2018, ás 12:30

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Feb
23
Ven
Palestra do profesor Xan Casabella sobre a arquitectura do habitar @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 23 a las 10:00

 

Proxectos 3 organiza unha palestra do profesor Xan Casabella sobre a arquitectura do habitar.

Cando: venres 23 de febreiro ás 10:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Máis información: Xan_Casabella_arquitectura-do-habitar_cartaz

Feb
28
Mér
DPAUC: presentación da web do departamento @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 28 a las 13:00

 

Presentación da web do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición

Cando: mércores 28 de febreiro de 2018, ás 13:00h

Onde: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Máis información: DPAUC web inicio Logo 100

Obradoiro gratuito: Animación de proxectos + Realidade Virtual con LUMION @ Salón de actos. ETSAC.
Feb 28 a las 16:30 – 19:00

Organizamos na escola un taller gratuíto de Animación de proxectos BIM + Realidade Virtual con Lumion o próximo 28 de febreiro ás 16:30. No taller veremos un exemplo paso a paso das vantaxes da visualización arquitectónica co renderizado en tempo real, vídeos, panorámicas 360º en VR, etc. dunha forma moi rápida e fácil.

Obradoiro aberto a toda a comunidade universitaria. O software LUMION e gratuito para centros educativos, estudantes e profesores.

Mar
2
Ven
Palestra: Intervención en Estruturas de Madeira. Manuel Touza. @ Aula Máster. Planta sótano. Edificio Departamentos E.T.S. Arquitectura
Mar 2 a las 17:30 – 19:00
Mar
5
Lun
Palestra na ETSAC de Klein Ibérica SAU @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Mar 5 a las 17:00

 

 

Dentro das actividades desenvolvidas polo taller 07, representantes da empresa Klein Ibérica SAU, especializada en sistemas de portas corredeiras, impartirán unha conferencia na que presentarán os seus produtos e sistemas.

Cando: luns 05 de marzo de 2018, ás 17:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Máis información: Conferencia KLEIN

http://www.klein-europe.com

 

Mar
6
Mar
Conferencias: “Outra forma de vivenda” Iria Brandariz e Rosalidia Álvarez, “Rehabilitación de vivenda” Santiago Pintos @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 6 a las 12:00 – 14:00
Conferencias: "Outra forma de vivenda" Iria Brandariz e Rosalidia Álvarez, "Rehabilitación de vivenda" Santiago Pintos @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencias na ETSAC dentro das Xornadas de Bioconstrución OMA-UDC

06 de marzo, Salón de Actos da ETS de Arquitectura (A Zapateira)

  • 12:00 h “Outra forma de vivenda: maneiras de habitar respectuosas co entorno e as persoas

Iria Brandariz, arquitecta en Hábitat Social e Rosalidia Álvarez, arquitecta.

  • 13:00 h “Rehabilitación de vivenda fronte ao cambio climático

Santiago Pintos, arquitecto e profesor do Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da ETSAC-UDC

Mar
7
Mér
Conferencia PFC: “Proxecto de estruturas. Alcance e contido”. Félix Suárez Riestra @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 7 a las 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: “Proxecto de estruturas. Alcance e contido”. Félix Suárez Riestra @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC:

PROXECTO DE ESTRUTURAS. Alcance e Contido

Félix Suárez Riestra

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 7 de marzo de 2018       16:00 h-18:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Mar
8
Xov
Xornada de formación: DESEÑO ESTRUTURAL CON OPENBIM @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Mar 8 a las 11:30 – 14:30

Deseño estrutural con OPEN BIM: do modelo arquitectónico ao analise estrutural cun motor de cálculo de última xeración. 15 marz0 2018. ETSAC. Aberto a todos os interesados.

StruBIM Analysis ten integrado OpenSees, un motor de cálculo de recoñecido prestixio desenvolvido pola Universidade de California: Berkeley, para realizar cálculos complexos de xeito eficiente.