F.A.Q. ETSAC itinerarios B1G – B2G -B2M

Importante: esta información non está dirixida a alumnos de nova matrícula (primeiro por primeira vez) na Escola de Arquitectura

podes descargar o arquivo pdf facendo clic

No próximo curso 2018-19 extinguirase a docencia presencial no cuarto curso da titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola  convocamos o 24.07.2018 aos alumnos dos últimos cursos destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.

  • Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao
  • Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao
  • Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster

Resolveronse tamén as dúbidas sobre a organización dos talleres para o próximo curso académico así como sobre as datas de defensa aprobadas na comisión permanente do centro

DOCUMENTACIÓN

Se queres que se trate un tema de forma específica ou queres obter resposta a unha pregunta determinada agradecémosche que deixes un comentario nesta entrada.

*Nesta reunión non se trataron temas que afecten os alumnos que se incorporan ao primeiro curso da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no curso académico 2018-19