A ETSAC convidada nun obradoiro internacional en Armenia

armenia_1

 

A ETSAC foi invitada a participar, por terceiro ano consecutivo, no Obradoiro Internacional CULTURAS DEPORTIVAS E HISTORIAS URBANAS, celebrado do 29 de abril ao 7 de maio en Armenia. Un total de 32 alumnos da NUACA de Ereván (Armenia), a ENSA de Clermont-Ferrand (Francia), a OTH Regensburg (Alemaña) e a ETSAC traballaron en 4 equipos para facer propostas para a rexeneración do contexto urbano do Estadio Central “Hrazdan” en Ereván. Tivemos a ocasión de contar co apoio docente do profesor Gurgen Mushegyan, membro da Academia Rusa de Arquitectura e Ciencias da Construción e coautor do proxecto do Estadio.

En representación da ETSAC, participaron os alumnos Inés Piñeiro Ozores, Lucía Álvarez Álvarez, Uxía Varela Expósito e Pablo Martínez Gestal, e os profesores Óscar Pedrós e Cristóbal Crespo.

Desexamos agradecer profundamente aos alumnos e profesores da UNACA a súa extraordinaria acollida e hospitalidade, que fixeron desta experiencia docente unha ocasión inesquecible para coñecer un país e un pobo fascinantes.

Especial recoñecemento ao Reitor da NUACA, Dr. Gagik Galstyan, ao Vicerreitor de Relacións Internacionais Dr. Vardges Yedoyan, á Viceministra de Cultura, profesora Arev Samuelyan, ás profesoras Emma Harutyunyan, Lyuba Kirakosyan, e ao alumno Hovig Tarbinian, anfitrión dos estudantes da Coruña.