Axenda

Mai
9
Xov
Encontro #GaliciaBIM2019 @ Sede ITG A Coruña
Mai 9 a las 10:00 – 20:00

O Instituto Tecnolóxico de Galicia ( ITG) organiza na súa sede da Coruña un evento profesional de primeiro nivel para falar do presente e o futuro da metodoloxía BIM.

Mostrarase a visión de arquitectos, promotores e Administración, e tamén aspectos crave desta metodoloxía de traballo colaborativa para a creación e xestión dun proxecto de construción. Pola mañá, empresas e expertos analizarán a transformación do sector e expoñerán casos de estudo. Pola tarde, realizarase un taller teórico-práctico con prazas limitadas sobre o control dixital da xestión do proxecto (medición, orzamento, planificación, certificación) e a estruturación de datos dos modelos con estándar eCOB.

A escola estará representada no evento coa participación do subdirector – Xefe de Estudos, Jose A. Vázquez que impartirá unha comunicación titulada: Representación Dixital vs Modelo Computable en Edificación.

Asistencia gratuíta previa inscrición 

Xuñ
20
Xov
UNISCAPE EN-ROUTE International Seminar “Inherited, Built, Lived Landscapes” A Coruña 20-22 2019
Xuñ 20 – Xuñ 22 todo el día

NOVA DATA PARA O ENVÍO DE RESUMOS: 22 ABRIL 2019?

+ info UNISCAPE En-Route Coruña2019

Contidos
Este Seminario propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as
pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa  necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as  dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.

Este Seminario estrutúrase e tres bloques ou liñas de reflexión:

  • LIÑA 1. PAISAXES HERDADAS. Propón reflexións en torno á conformación histórica da
    paisaxe, ós diferentes procesos que se producen na paisaxe: asentamentos, migracións, transformacións, cultivos, abandonos, cambios de uso, etc. A identidade da paisaxe e como analizar os efectos da explotación e do cambio climático sobre os ecosistemas e recursos naturais. A explotación económica como axente de transformación.
  • LIÑA 2. PAISAXES CONSTRUIDAS. Constatar a pertinencia do proxecto como ferramenta de
    xestión da paisaxe, así como as dinámicas cíclicas de construción e destrución da paisaxe. A influencia das grandes infraestruturas na articulación e modelado do territorio, as estratexias para a rexeneración paisaxística.
  • LIÑA 3. PAISAXES VIVIDAS. Entender a paisaxe como substrato e como experiencia da
    actividade humana, da percepción do hábitat e da intervención. Integrar filosofía, arte e teoría da paisaxe na educación da paisaxe.

Estrutura e programa xeral
O seminario levarase a cabo durante tres días, do 20 ó 22 de xuño de 2019, no edificio no Museo de
Belas Artes da Coruña. Ó ser un Seminario Internacional en Ruta de UNISCAPE (Rede Europea de
Universidades para a implantación do Convenio Europeo da Paisaxe). Os idiomas admitidos serán o español e o inglés, e as presentacións das notas dos oradores seleccionados desenrolaranse a partir dunha convocatoria de resumes coordinada polo comité científico.