Axenda

Out
3
Xov
Metodoloxía BIM aplicada á Arquitectura e á Enxeñería
Out 3 a las 9:00 – Dec 12 a las 20:49

Comezo do ciclo de conferencias e talleres: “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería” co relatorio:

Dada a crecente necesidade de aplicación das estratexias BIM (Building Information Modeling) no eido da enxeñería e da arquitectura, a Agrupación Estratéxica CITEEC propón a organización do ciclo de conferencias e talleres BIM titulado: “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería”, co apoio da ETSE de Camiños, Canais e Portos, da ETS de Arquitectura e da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.

Actualmente, en determinados concursos públicos xa se está esixindo este tipo de estratexias BIM para o desenvolvemento de proxectos construtivos de forma obligatoria, e a súa aplicación por parte das administracións públicas estará pronto recollida na lexislación.

Este ciclo conta con máis de 30 horas entre conferencias e talleres dedicadas a esta metodoloxía impartidas por expertos, e que están abertas a membros da A-CITEEC e a estudantes da UDC. Así mesmo, a asistencia ás conferencias tamén está aberta ao público xeral co obxectivo de atraer e crear vínculos con profesionais relacionados con esta metodoloxía.

As conferencias e talleres son gratuítos previa inscrición, para aqueles que aínda non vos apuntastes a esta ou a outra das conferencias ou talleres do ciclo, aínda estades a tempo a través da seguinte ligazón: INSCRICIÓN

Para máis información consultade o DÍPTICO do Ciclo BIM

Out
22
Mar
Conferencia PFC: A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Criterios Construtivos (Parte II). Antonio Raya de Blas @ Salón de Actos. ETSAC
Out 22 a las 16:00 – 18:00

Conferencia PFC:  A Construción no Proxecto Fin de Carreira (Parte II). Criterios Construtivos

Antonio Raya de Blas

Martes, 22 de outubro de 2019, 16:00 h-18:00 h

Salón de Actos ETSAC

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC: Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

© Héctor Fernández Santos-Díez

Out
29
Mar
BIMtour ETSAC Universidade – Administración Publica – Profesionais – Construtores – Fabricantes @ Salón de actos. ETSAC
Out 29 a las 9:30 – 20:00

O próximo 29 de outubro celebrarase na ETSAC a xornada BIMtour un ciclo de presentacións sobre o que conleva a implantación da metodoloxía BIM no sector da construción e como afecta a cada un dos seus axentes. O obxectivo de BIMtour é achegar a metodoloxía BIM ( Building Information Modeling) aos profesionais, as empresas e as institucións asistentes para que coñezan as claves que lles axuden a crear un plan estruturado para a integració n do BIM nos seus proxectos e procesos en calquera fase do ciclo dunha construcció n, e facelos má s competitivos, rendibles e produtivos, grazas ao traballo con esta metodología e as súas tecnoloxías.