Axenda

Feb
1
Ven
NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018: acto académico + palestra de CARME PINÓS @ Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Feb 1 a las 12:00 – 14:00

O vindeiro venres 01 de febreiro celebraremos por quinta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.

Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada CARME PINÓS http://www.cpinos.com/ baixo o título “Obra recente”.

A arquitecta catalana recolle, nesta ocasión, o relevo do tamén catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro, dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso e da india Anupama Kundoo que disertaron nas anteriores edicións.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2018, mentras escoitamos ao trío de jazz de DANIEL CASARES https://www.danielcasaresmusic.com/

Os nosos parabéns aos novos arquitectos ETSAC de 2018!

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

Estades todos convidados.

Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018 cartaz

Feb
5
Mar
Conferencia PFC:  O proceso do proxecto desde o territorio.  Jesús Conde García @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 5 a las 16:30 – 18:00
Conferencia PFC:  O proceso do proxecto desde o territorio.   Jesús Conde García @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC:  O proceso do proxecto desde o territorio.

Jesús Conde García

Martes, 7 de febreiro de 2019     16:30-18:00

Salón de Actos ETSAC

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Feb
12
Mar
Conferencia PFC: O Urbanismo no Proxecto Básico e de Execución. Cristina García Fontán @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 12 a las 16:00 – 18:00

Conferencia PFC: O Urbanismo no Proxecto Básico e de Execución

Cristina García Fontán

Martes, 12 de febreiro de 2019     16:00 -18:00

Salón de Actos da ETSAC
Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
Remodelación Monte do Gozo. Joao Nunes, Cristina García Fontán y OLA estudio
Feb
13
Mér
Palestra: Modelado BIM Avanzado. José María Abellán, arquitecto @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 13 a las 12:00 – 15:00

Jose María Abellán, arquitecto especialista en tecnoloxías BIM e o director da agrupación de arquitectos BiMMate que centra o seu traballo  na utilización do BIM como ferramenta para a redacción de proxectos de arquitectura que tenta elevar o BIM ao seu seguinte nivel evolutivo propoñendo solucións construtivas, fluxos de traballo e desenvolvemento de aplicacións que faciliten aos arquitectos a adopción desta metodoloxía na súa actividade profesional.

Indicen na investigación como principal argumento, fronte aos que asimilan BIM a un mero modelado tridimensional, afastado dos requisitos técnicos e normativos demandados polo colectivo de arquitectos de arquitecto está demanda. A través da web www.bimmate.com, poñen a disposición do colectivo de arquitectos un interesante contido avanzado, un blogue especializado, un foro profesional para resolución de problemas e diversas aplicacións BIM para ampliar as capacidades iniciais do software, como un Xerador de Medicións e Orzamento automático ou un xerador de emprazamentos a través da lectura de diferentes fontes de información xeográfica.

Feb
19
Mar
Conferencia PFC: “Dimensión y Estructura. El Proyecto de Estructura”. Félix L. Suárez Riestra @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 19 a las 19:22 – 20:22

CONFERENCIA PFC: “Dimensión y Estructura. El Proyecto de Estructura”

Félix L. Suárez Riestra

Salón de Actos ETSAC

Martes, 19 de febrero de 2019       16:00 h-18:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Feb
26
Mar
Conferencia PFC: “Excavacións e cimentacións”. Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 26 a las 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: “Excavacións e cimentacións”. Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC: “Excavacións e cimentacións”

Juan Pérez Valcárcel

Salón de Actos ETSAC

Martes, 26 de febrero de 2019       16:00 h-18:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Mar
1
Ven
Casos prácticos de intervención en estruturas de madeira @ Salón de Graos ETSAC
Mar 1 a las 17:30 – 20:00
Mar
13
Mér
Pechakucha Día da Muller ETSAC 2019 @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 13 a las 11:00 – 14:00
Mar
15
Ven
Convocatoria Defensa TFG Grao en Estudos de Arquitectura. 15 marzo 2019 @ Salón de Grados. Edificio Departamentos ETSAC
Mar 15 a las 9:00 – 13:00

Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos do Edificio de Departamentos da ETSAC as 09:00h. do venres 15.03.2019 segundo o seguinte orde:

TFG tribunal mar 2019

Mar
29
Ven
Entradas dispoñibles para o alumnado da ETSAC. Gala de entrega XVIII Premios COAG en Ferrol @ Teatro Jofre
Mar 29 a las 20:00 – 22:00

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia puxo ha disposición do alumnado da ETSAC, 31 entradas para acceder á Gala de entrega dos XVII Premios COAG que se celebrará en Ferrol este próximo venres 29 de marzo a partir das 20:00.

As entradas están dispoñibles na secretaría de dirección da ETSAC e poderán ser retiradas previa identificación.

Ante a gran demanda de entradas existente entre o colectivo profesional, aquelas que non fosen retiradas ás 12:00 h. do próximo xoves 28 de marzo retornaranse ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ao que queremos agradecer a súa deferencia para posibilitar que o alumnado da ETSAC poida estar presente na gala.

A Dirección da Escola.

 

Abr
3
Mér
BAUHAUS100jahre @ Vestíbulo ETSAC
Abr 3 a las 12:00 – 13:00

Vístete de miembro de Bauhaus y acompáñanos

Mai
9
Xov
#GaliciaBIM2019 a ETSAC participa no encontro organizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia @ Sede ITG A Coruña
Mai 9 a las 10:00 – 20:00

O Instituto Tecnolóxico de Galicia ( ITG) organiza na súa sede da Coruña un evento profesional de primeiro nivel para falar do presente e o futuro da metodoloxía BIM.

Mostrarase a visión de arquitectos, promotores e Administración, e tamén aspectos crave desta metodoloxía de traballo colaborativa para a creación e xestión dun proxecto de construción. Pola mañá, empresas e expertos analizarán a transformación do sector e expoñerán casos de estudo. Pola tarde, realizarase un taller teórico-práctico con prazas limitadas sobre o control dixital da xestión do proxecto (medición, orzamento, planificación, certificación) e a estruturación de datos dos modelos con estándar eCOB.

A escola estará representada no evento coa participación do subdirector – Xefe de Estudos, Jose A. Vázquez que impartirá unha comunicación titulada: Representación Dixital vs Modelo Computable en Edificación.

Asistencia gratuíta previa inscrición 

Xuñ
12
Mér
Información de interese para o inicio do curso académico 2019-20
Xuñ 12 a las 22:41 – 23:41
Xuñ
20
Xov
UNISCAPE EN-ROUTE International Seminar “Inherited, Built, Lived Landscapes” A Coruña 20-22 2019
Xuñ 20 – Xuñ 22 todo el día

NOVA DATA PARA O ENVÍO DE RESUMOS: 22 ABRIL 2019?

+ info UNISCAPE En-Route Coruña2019

Contidos
Este Seminario propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as
pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa  necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as  dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.

Este Seminario estrutúrase e tres bloques ou liñas de reflexión:

  • LIÑA 1. PAISAXES HERDADAS. Propón reflexións en torno á conformación histórica da
    paisaxe, ós diferentes procesos que se producen na paisaxe: asentamentos, migracións, transformacións, cultivos, abandonos, cambios de uso, etc. A identidade da paisaxe e como analizar os efectos da explotación e do cambio climático sobre os ecosistemas e recursos naturais. A explotación económica como axente de transformación.
  • LIÑA 2. PAISAXES CONSTRUIDAS. Constatar a pertinencia do proxecto como ferramenta de
    xestión da paisaxe, así como as dinámicas cíclicas de construción e destrución da paisaxe. A influencia das grandes infraestruturas na articulación e modelado do territorio, as estratexias para a rexeneración paisaxística.
  • LIÑA 3. PAISAXES VIVIDAS. Entender a paisaxe como substrato e como experiencia da
    actividade humana, da percepción do hábitat e da intervención. Integrar filosofía, arte e teoría da paisaxe na educación da paisaxe.

Estrutura e programa xeral
O seminario levarase a cabo durante tres días, do 20 ó 22 de xuño de 2019, no edificio no Museo de
Belas Artes da Coruña. Ó ser un Seminario Internacional en Ruta de UNISCAPE (Rede Europea de
Universidades para a implantación do Convenio Europeo da Paisaxe). Os idiomas admitidos serán o español e o inglés, e as presentacións das notas dos oradores seleccionados desenrolaranse a partir dunha convocatoria de resumes coordinada polo comité científico.

Xuñ
21
Ven
Spatial Computing. Como levar o teu modelo BIM a OBRA
Xuñ 21 a las 11:00 – 15:00

SPATIAL COMPUTING. Como levar o teu modelo BIM a Obra
Integración de BIM con Realidade virtual e Realidade Aumentada. Experiencia inmersiva.

Ivan Gómez CEO de Vt- lab empresa especilaizada en solucións de produtividade integrando BIM EN REALIDADE VIRTUAL E REALIDADE AUMENTADA, explicaranos como está a estado da arte en canto á tecnoloxía de Realidade virtual e Aumentada e como aplicala nos proxectos BIM , en todas as fases do ciclo de vida dun activo , facendo especial fincapé na súa aplicación en obra.

IMPORTANTE: ao finalizar teremos todos a ocasión de probar distintos dispositivos de Realidade virtual e Realidade Aumentada con distintas aplicacións desenvoltas por vt- lab. Unha experiencia inmersiva

 

Xuñ
27
Xov
BIMtour ETSAC Universidade – Administración Publica – Profesionais – Construtores – Fabricantes @ Salón de actos. ETSAC
Xuñ 27 a las 9:30 – 20:00

O próximo 25 de xuño celebrarase na ETSAC a xornada BIMtour un ciclo de presentacións sobre o que conleva a implantación da metodoloxía BIM no sector da construción e como afecta a cada un dos seus axentes. O obxectivo de BIMtour é achegar a metodoloxía BIM ( Building Information Modeling) aos profesionais, as empresas e as institucións asistentes para que coñezan as claves que lles axuden a crear un plan estruturado para a integració n do BIM nos seus proxectos e procesos en calquera fase do ciclo dunha construcció n, e facelos má s competitivos, rendibles e produtivos, grazas ao traballo con esta metodología e as súas tecnoloxías.