Axenda

Dec
14
Ven
Convocatoria Defensa TFG Grao en Estudos de Arquitectura. 14 decembro 2018 @ Salón de Graos/Aula ED.2. Edificio Departamentos. ETSAC
Dec 14 a las 9:00 – 13:45

Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos e na aula ED.2 do Edificio de Departamentos da ETSAC as 09:00h. do venres 14.12.2018 segundo o seguinte orde:

TFG tribunal dec 2018

Feb
1
Ven
NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018: acto académico + palestra de CARME PINÓS @ Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Feb 1 a las 12:00 – 14:00

O vindeiro venres 01 de febreiro celebraremos por quinta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.

Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada CARME PINÓS http://www.cpinos.com/ baixo o título “Obra recente”.

A arquitecta catalana recolle, nesta ocasión, o relevo do tamén catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro, dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso e da india Anupama Kundoo que disertaron nas anteriores edicións.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2018, mentras escoitamos ao trío de jazz de DANIEL CASARES https://www.danielcasaresmusic.com/

Os nosos parabéns aos novos arquitectos ETSAC de 2018!

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

Estades todos convidados.

Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018 cartaz

Feb
5
Mar
Conferencia PFC:  O proceso do proxecto desde o territorio.  Jesús Conde García @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 5 a las 16:30 – 18:00
Conferencia PFC:  O proceso do proxecto desde o territorio.   Jesús Conde García @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC:  O proceso do proxecto desde o territorio.

Jesús Conde García

Martes, 7 de febreiro de 2019     16:30-18:00

Salón de Actos ETSAC

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Feb
12
Mar
Conferencia PFC: O Urbanismo no Proxecto Básico e de Execución. Cristina García Fontán @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 12 a las 16:00 – 18:00

Conferencia PFC: O Urbanismo no Proxecto Básico e de Execución

Cristina García Fontán

Martes, 12 de febreiro de 2019     16:00 -18:00

Salón de Actos da ETSAC
Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
Remodelación Monte do Gozo. Joao Nunes, Cristina García Fontán y OLA estudio
Feb
13
Mér
Palestra: Modelado BIM Avanzado. José María Abellán, arquitecto @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 13 a las 12:00 – 15:00

Jose María Abellán, arquitecto especialista en tecnoloxías BIM e o director da agrupación de arquitectos BiMMate que centra o seu traballo  na utilización do BIM como ferramenta para a redacción de proxectos de arquitectura que tenta elevar o BIM ao seu seguinte nivel evolutivo propoñendo solucións construtivas, fluxos de traballo e desenvolvemento de aplicacións que faciliten aos arquitectos a adopción desta metodoloxía na súa actividade profesional.

Indicen na investigación como principal argumento, fronte aos que asimilan BIM a un mero modelado tridimensional, afastado dos requisitos técnicos e normativos demandados polo colectivo de arquitectos de arquitecto está demanda. A través da web www.bimmate.com, poñen a disposición do colectivo de arquitectos un interesante contido avanzado, un blogue especializado, un foro profesional para resolución de problemas e diversas aplicacións BIM para ampliar as capacidades iniciais do software, como un Xerador de Medicións e Orzamento automático ou un xerador de emprazamentos a través da lectura de diferentes fontes de información xeográfica.

Feb
19
Mar
Conferencia PFC: “Dimensión y Estructura. El Proyecto de Estructura”. Félix L. Suárez Riestra @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 19 a las 19:22 – 20:22

CONFERENCIA PFC: “Dimensión y Estructura. El Proyecto de Estructura”

Félix L. Suárez Riestra

Salón de Actos ETSAC

Martes, 19 de febrero de 2019       16:00 h-18:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Feb
26
Mar
Conferencia PFC: “Excavacións e cimentacións”. Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 26 a las 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: “Excavacións e cimentacións”. Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC: “Excavacións e cimentacións”

Juan Pérez Valcárcel

Salón de Actos ETSAC

Martes, 26 de febrero de 2019       16:00 h-18:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Mar
1
Ven
Casos prácticos de intervención en estruturas de madeira @ Salón de Graos ETSAC
Mar 1 a las 17:30 – 20:00
Mar
13
Mér
Pechakucha Día da Muller ETSAC 2019 @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 13 a las 11:00 – 14:00
Mar
15
Ven
Convocatoria Defensa TFG Grao en Estudos de Arquitectura. 15 marzo 2019 @ Salón de Grados. Edificio Departamentos ETSAC
Mar 15 a las 9:00 – 13:00

Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos do Edificio de Departamentos da ETSAC as 09:00h. do venres 15.03.2019 segundo o seguinte orde:

TFG tribunal mar 2019

Mar
29
Ven
Entradas dispoñibles para o alumnado da ETSAC. Gala de entrega XVIII Premios COAG en Ferrol @ Teatro Jofre
Mar 29 a las 20:00 – 22:00

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia puxo ha disposición do alumnado da ETSAC, 31 entradas para acceder á Gala de entrega dos XVII Premios COAG que se celebrará en Ferrol este próximo venres 29 de marzo a partir das 20:00.

As entradas están dispoñibles na secretaría de dirección da ETSAC e poderán ser retiradas previa identificación.

Ante a gran demanda de entradas existente entre o colectivo profesional, aquelas que non fosen retiradas ás 12:00 h. do próximo xoves 28 de marzo retornaranse ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ao que queremos agradecer a súa deferencia para posibilitar que o alumnado da ETSAC poida estar presente na gala.

A Dirección da Escola.

 

Abr
3
Mér
BAUHAUS100jahre @ Vestíbulo ETSAC
Abr 3 a las 12:00 – 13:00

Vístete de miembro de Bauhaus y acompáñanos

Mai
9
Xov
#GaliciaBIM2019 a ETSAC participa no encontro organizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia @ Sede ITG A Coruña
Mai 9 a las 10:00 – 20:00

O Instituto Tecnolóxico de Galicia ( ITG) organiza na súa sede da Coruña un evento profesional de primeiro nivel para falar do presente e o futuro da metodoloxía BIM.

Mostrarase a visión de arquitectos, promotores e Administración, e tamén aspectos crave desta metodoloxía de traballo colaborativa para a creación e xestión dun proxecto de construción. Pola mañá, empresas e expertos analizarán a transformación do sector e expoñerán casos de estudo. Pola tarde, realizarase un taller teórico-práctico con prazas limitadas sobre o control dixital da xestión do proxecto (medición, orzamento, planificación, certificación) e a estruturación de datos dos modelos con estándar eCOB.

A escola estará representada no evento coa participación do subdirector – Xefe de Estudos, Jose A. Vázquez que impartirá unha comunicación titulada: Representación Dixital vs Modelo Computable en Edificación.

Asistencia gratuíta previa inscrición 

Xuñ
20
Xov
UNISCAPE EN-ROUTE International Seminar “Inherited, Built, Lived Landscapes” A Coruña 20-22 2019
Xuñ 20 – Xuñ 22 todo el día

NOVA DATA PARA O ENVÍO DE RESUMOS: 22 ABRIL 2019?

+ info UNISCAPE En-Route Coruña2019

Contidos
Este Seminario propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as
pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa  necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as  dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.

Este Seminario estrutúrase e tres bloques ou liñas de reflexión:

  • LIÑA 1. PAISAXES HERDADAS. Propón reflexións en torno á conformación histórica da
    paisaxe, ós diferentes procesos que se producen na paisaxe: asentamentos, migracións, transformacións, cultivos, abandonos, cambios de uso, etc. A identidade da paisaxe e como analizar os efectos da explotación e do cambio climático sobre os ecosistemas e recursos naturais. A explotación económica como axente de transformación.
  • LIÑA 2. PAISAXES CONSTRUIDAS. Constatar a pertinencia do proxecto como ferramenta de
    xestión da paisaxe, así como as dinámicas cíclicas de construción e destrución da paisaxe. A influencia das grandes infraestruturas na articulación e modelado do territorio, as estratexias para a rexeneración paisaxística.
  • LIÑA 3. PAISAXES VIVIDAS. Entender a paisaxe como substrato e como experiencia da
    actividade humana, da percepción do hábitat e da intervención. Integrar filosofía, arte e teoría da paisaxe na educación da paisaxe.

Estrutura e programa xeral
O seminario levarase a cabo durante tres días, do 20 ó 22 de xuño de 2019, no edificio no Museo de
Belas Artes da Coruña. Ó ser un Seminario Internacional en Ruta de UNISCAPE (Rede Europea de
Universidades para a implantación do Convenio Europeo da Paisaxe). Os idiomas admitidos serán o español e o inglés, e as presentacións das notas dos oradores seleccionados desenrolaranse a partir dunha convocatoria de resumes coordinada polo comité científico.

Xuñ
21
Ven
Spatial Computing. Como levar o teu modelo BIM a OBRA
Xuñ 21 a las 11:00 – 15:00

SPATIAL COMPUTING. Como levar o teu modelo BIM a Obra
Integración de BIM con Realidade virtual e Realidade Aumentada. Experiencia inmersiva.

Ivan Gómez CEO de Vt- lab empresa especilaizada en solucións de produtividade integrando BIM EN REALIDADE VIRTUAL E REALIDADE AUMENTADA, explicaranos como está a estado da arte en canto á tecnoloxía de Realidade virtual e Aumentada e como aplicala nos proxectos BIM , en todas as fases do ciclo de vida dun activo , facendo especial fincapé na súa aplicación en obra.

IMPORTANTE: ao finalizar teremos todos a ocasión de probar distintos dispositivos de Realidade virtual e Realidade Aumentada con distintas aplicacións desenvoltas por vt- lab. Unha experiencia inmersiva

 

Xul
18
Xov
Reunión informativa: itinerarios para a finalización dos estudos en Boloña 1 e Boloña 2. B1.PFG – B2.TFG – B2.TFM @ Salón de actos. ETSAC
Xul 18 a las 11:00 – 13:00

Alumnos matriculados ou preinscritos en B1.PFG / B2.TFG / B2.PFM e en xeral a todo o alumnados dos últimos cursos das titulaciones impartidas na ETSAC

Ligazón  ao documento informativo (pdf)

No curso 2019-20  excepto o PFG, non haberá docencia presencial na titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola, convocamos aos alumnos dos últimos cursos destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.

  • Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao. 30 ECTS
  • Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao. 6 ECTS
  • Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster. 30 ECTS

Resolveranse tamén as dúbidas sobre a organización dos talleres, o procedemento de asignación dos mesmos, e informarase das datas de defensa para o curso 2019-20.

Ligazón ao documento informativo (pdf)

Xul
23
Mar
Convocatoria Defensa TFG Grao en Estudos de Arquitectura. 23 xullo 2019 @ Salón de Grados. Edificio Departamentos. ETSAC
Xul 23 a las 11:30 – 13:00

Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos do Edificio de Departamentos da ETSAC as 11:30h do martes 23.07.2019 segundo o seguinte orde:

Ago
1
Xov
AVISO: Mantemento Centros de Transformación nos edificios da ETSAC
Ago 1 a las 15:00 – Ago 2 a las 12:00

O servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamento da UDC comunica a realización dos mantementos nos centros de transformación para probas en carga de grupos electróxenos no verán de 2019.

  • 01.08.2019 – 15:00 ETSAC

  • 02.08.2019 – 9:00 Edificio Departamentos ETSAC

Establecéronse uns horarios de ocupación, en moitos casos de mañá dado que é recomendable unha vez ao ano probar o grupo con demanda eléctrica e facer unha proba real do seu funcionamento en caso de corte eléctrico da rede externa, eliximos horarios e calendarios que entendemos pouco críticos. Durante o corte sería desexable que os centros comprobasen o funcionamento dos ascensores e unha iluminación mínima en pasillos para posibilitar unha evacuación segura en caso de fallo de alimentación eléctrica, notificando aquelas circunstancias que perciban coma anómalas.

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas dende a hora de comezo establecida na taboa, salvo nos centros que se establece un rango horario, e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo electróxeno de emerxencia.

E recomendable desconectar da rede todos los equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.

O noso centro non ten un intervalo definido motivado pola necesidade de acometer algunha reparación de mantemento cunha duración superior ás 2 horas.

Set
9
Lun
Información de interese para o inicio do curso. (Asignación de aulas 1Q curso académico 2019-20)
Set 9 a las 9:00 – Set 30 a las 10:00
Set
10
Mar
Presentación Talleres/Temas PFC 2019-20. Salón de Actos. ETSAC @ Salón de Actos. ETSAC
Set 10 a las 13:00 – 15:00

Presentación Talleres/Temas PFC 2019-20. Salón de Actos. ETSAC

O martes, día 10 de setembro 2019, de 13 a 15 h no Salón de Actos presentaranse os temas propostos para o vindeiro curso 2019-20.

Cada taller exporá durante 15 minutos a seu tema, segundo o seguinte orde:

13:00 Taller A/1

13:15 Taller B/2

13:30 Taller C/3

13:45 Taller D/4

14:00 Taller E

14:15 Taller Iacobus

14:30 Preguntas

O mesmo día publicarase nesta mesma web o formulario de solicitude de preferencias, que se pechará o xoves 12 de setembro.

A asignación de temas do curso 2019-10 se realizará no salón de actos o luns 16 de setembro as 12:00 h.

Set
13
Ven
Reunión informativa para a finalización dos estudos en Boloña 1 e Boloña 2. B1.PFG – B2.TFG -B2.TFM @ Salón de actos. ETSAC
Set 13 a las 13:00 – 14:30
Esta reunión será réplica da reunión informativa celebrada o pasado 18 de xullo de 2019

Drixida a_ alumnos matriculados ou preinscritos en B1.PFG / B2.TFG / B2.PFM e en xeral a todo o alumnados do último curso das titulaciones impartidas na ETSAC

Ligazón  ao documento informativo (pdf) publicado o 18.07.2019

Como todos sabedes no curso 2019-20  excepto o PFG, non haberá docencia presencial na titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola, convocamos aos alumnos do último curso destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.

  • Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao. 30 ECTS
  • Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao. 6 ECTS
  • Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster. 30 ECTS

Ligazón ao documento informativo (pdf)

Set
17
Mar
Conferencia PFC: Idea arquitectónica. Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC
Set 17 a las 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: Idea arquitectónica. Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA

Fernando Agrasar Quiroga

Martes 17 de setembro 2019       16:00h      Salón de Actos

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC: Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Set
20
Ven
Convocatoria defensa TFG Grao en Estudos de Arquitectura. 20.09.2019 @ Salón de Graos. ETSAC
Set 20 a las 9:00 – 14:00

Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos do Edificio de Departamentos da ETSAC as 9:15h do venres 20.09.2019 segundo o seguinte orde:

20190912 Alumnos admitidos para defensa B2TFG