Axenda

Xul
24
Mar
Itinerarios para la finalización dos estudios en Boloña 1 e Boloña 2 @ Aula Especial 1. ETSAC
Xul 24 a las 12:30 – 14:30

No próximo curso 2018-19 extinguirase a docencia presencial no cuarto curso da titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola entendemos conveniente convocar aos alumnos dos últimos cursos destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.

  • Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao
  • Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao
  • Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster

Resolveranse tamén as dúbidas sobre a organización dos talleres para o próximo curso académico así como sobre as datas de defensa aprobadas na comisión permanente do centro o pasado mércores 11 de xullo

Se queres que se trate un tema de forma específica ou queres obter resposta a unha pregunta determinada agradecémosche que deixes un comentario nesta entrada.

*Nesta reunión non se tratarán temas que afecten os alumnos que se incorporan ao primeiro curso da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no curso académico 2018-19

Xul
26
Xov
26.07.2018 Novo curso capacitación @OFABdaETSAC Corte Láser
Xul 26 a las 10:00 – 13:00

A dirección da Escola de Arquitectura e 0FABdaETSAC organiza periódicamente cursos orientados á capacitación do alumno para a utilización autónoma da máquina de corte láser e outras máquinas  dispoñibles no obradoiro de fabricación dixital da ETSAC.

Nesta ocasión publicítase un curso gratuito de tres horas de duración destinado a alumnos matriculados na Escola técnica Superior de Arquitectura.
Terán preferencia os alumnos matriculados en PFC/ PFG/ TFM das titulacións impartidas na ETSAC

Formulario de inscrición