O Joint Graduate Design Project viaxa a Vigo

Os participantes no Joint Graduate Design Project das Escolas de Arquitectura da Coruña e Harbin (China) viaxaron a Vigo, o día 04 de marzo de 2014, para visitar in situ a factoría da Artística, emprazamento do traballo conxunto. O percorrido arquitectónico continuou polos edificios do Campus da Universidade de Vigo.

Os dez alumnos chineses e os dezaseis alumnos locais foron acompañados por profesores de ambas escolas e por Gerardo Mingo, director da revista FUTURE.

Profesores da School of Architecture do HIT: Jian Mei Wu e Li Yun Zhou

Profesores da ETSAC: Fernando Agrasar, Jesús Irisarri e Evaristo Zas

MIRALLES_2