Xuntanza mobilidade internacional seleccionados 2013-14

Convócase ó alumnado seleccionado para calquera modalidade de mobilidade internacional 2013-14 a unha xuntanza o vindeiro MARTES 25 de Xuño de 12:00 a 13:00h. no SALON DE ACTOS

Asuntos:

1. Instruccións relativas ás accións precisas ANTES, DURANTE e DESPOIS da súa mobilidade. [Contarase coa presenza da Administradora do Centro]

2. Entregar as autorizacións asinadas do representante para actuar no seu nome na ETSAC [DESCARGA do documento: AUTORIZACION MOBILIDADE]

Verificarase a asistencia. Recoméndase a presenza dos representantes para que entendan a importancia da súa función

Importante:

– Previamente á xuntanza, terán que ser achegados os datos de contacto e representación a través do seguinte FORMULARIO ONLINE. [Advírtese que non facilitar esta información e achegar a autorización condiciona os seguintes pasos do proceso]

– Como preparación á xuntanzo recoméndase visitar a entrada relativa á tramitación de contratos.