Libre Mobilidade de Estudos· solicitude e tramitación

Para a solicitude de LIBRE MOBILIDADE, o estudante terá que establecer contactos coa institución de destino solicitando unha carta de aceptación e unha lista de materias para poder establecer, xunto coa coordinación da ETSA, as convalidacións pertinentes.

Unha vez recibida esta documentación, o solicitante terá que presentar no rexistro da UDC, non na ORI, os seguintes documentos:

1. INSTANCIA de SOLICITUDE [modelo do rexistro]

2. CARTA DE ACEPTACIÓN DA UNIVERSIDADE DE DESTINO, especificando o período de estancia (inicio, fin e duración en meses) e as condicións académicas da estancia [especificando a condición de estudante de intercambio “free mover”], incluíndo as tasas que terías que pagar no seu caso e o número de créditos que poderás realizar durante o periodo concedido.

3. CONFORMIDADE DO COORDINADOR ACADEMICO, a través do modelo de proposta de equivalencias ou o modelo de contrato de estudos.

4. CERTIFICADO DO NIVEL MINIMO B1 do Marco Común Europeo de Referencia na lingua de instrución que se vai empregar na universidade de destino.

A vicerreitoría terá un plazo dun mes dende a presentación no rexistro da solicitude para resolver sobre a concesión ou denegación. No caso de ser concedida a mobilidade o estudante terá que formalizar o contrato de estudos definitivo na ORI antes de inicar a estancia no destino.